Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Ayudas >> Finalizadas >> Infraestructuras >> Ayuda
  • Ayuda finalizada
Prazo: 14-05-2008 ao 14-07-2008

Axudas para o acceso á propiedade dos titulares de arrendamentos históricos e parzarías
[14/05/2008]

Orde do 6 de maio de 2008 pola que se convocan para o ano 2008 as axudas para facilitarlles o acceso á propiedade aos titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia.

Obxecto e ámbito de aplicación

É obxecto desta orde o establecemento da convocatoria para o ano 2008, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para facilitar o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías, de acordo coas bases reguladoras previstas no Decreto 182/2006, do 26 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro), polo que se establecen medidas para facilitar o acceso á propiedade a titulares de arrendamentos históricos e parzarías a que se refire a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia, modificada pola Lei 6/2005, do 7 de decembro.

Condicións e finalidade

Para poder acollerse a estas axudas deberanse cumprir os requisitos establecidos no Decreto 182/2006, do 26 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro). As axudas teñen por finalidade facilitar o acceso á propiedade ás persoas titulares dos arrendamentos históricos e parzarías que de conformidade co previsto na Lei 3/1993, do 16 de abril, exerzan o dereito de acceso á propiedade xudicialmente o mediante acordo extraxudicial.

Prazo

Para a convocatoria 2008, as solicitudes de axuda presentaranse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

Financiamento

Para a concesión das axudas desta convocatoria existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 por un total de douscentos corenta mil euros (240.000 €), na aplicación orzamentaria 11.02.551A.770.0, axudas para adquisición de terras procedentes de arrendamentos históricos.

Máis información e formularios de solicitude no documento anexo.


Máis información
arquivoacceso_propiedade_08.pdf (100 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS