Medio Rural
  • Nova
 

José González pon en valor os viños da Ribeira do Ulla dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas

O conselleiro do Medio Rural, José González na festa de exaltación do viño da Ulla

Vedra (A Coruña), 14 de abril de 2018.- O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, asistiu hoxe á XXXIX edición da festa de exaltación do viño da Ulla, que se celebra na parroquia de San Miguel de Sarandón do concello de Vedra.

Alí, o conselleiro puxo en valor os viños da Ribeira do Ulla dentro da denominación de orixe Rías Baixas, e sinalou que a produción de uva nesta zona vai medrando ano tras ano ata chegar ás máis de 1.500 toneladas no 2018. Nesta cita gastronómica, o titular de Medio Rural tamén subliñou a importancia deste tipo de celebracións para poñer en valor as producións agroalimentarias galegas en xeral e o viño en particular.


Galería de imaxes

O conselleiro do Medio Rural, José González na festa de exaltación do viño da UllaO conselleiro do Medio Rural, José González na festa de exaltación do viño da UllaO conselleiro do Medio Rural, José González na festa de exaltación do viño da Ulla

CCXunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Aviso Legal    Atendémolo/a