Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe

Permanecen controlados os lumes de Monforte de Lemos (465 ha) e Lobeira (150 ha), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que afecta tamén ao de Porto do Son, cunha superficie dunhas 197 hectáreas, segundo as últimas medicións

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Controlados

Monforte de Lemos

Continúa controlado desde as 13,48 h. do venres o lume de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, tras comezar o pasado xoves ás 13,22 h. Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 15 axentes, 75 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Lobeira

Segue tamén controlado desde as 20,29 h. do venres o lume de Lobeira, na parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar o pasado xoves ás 7,50 h. da mañá. Segundo a última estimación, a superficie afectada é de 150 hectáreas rexistradas dentro do Parque Natural do Xurés. Nos labores de extinción mobilizáronse 1 técnico, 17 axentes, 51 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 7 avións.

Extinguido

Ribeira

O incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que se iniciou o venres ás 23,04 h. na parroquia de Oleiros e que tamén afectou ao municipio de Porto do Son, quedou extinguido ás 20,30 h. de onte. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 197 hectáreas, das cales 160 foron arboradas e 37 de rasas. Na súa extinción participaron 25 axentes, 43 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS