Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Extinguidos os incendios rexistrados nos concellos de Monforte de Lemos (465 ha) e de Oímbra (31,88 ha)

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Monforte de Lemos

Extinguido ás 21,19 h. de onte o lume rexistrado o xoves ás 13,22 h. no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane. Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción participaron 3 técnicos, 15 axentes, 77 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Oímbra

Tamén quedou extinguido ás 21,20 h. de onte o incendio no municipio ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre, tras comezar ás 14,40 h. Segundo as últimas estimacións, afectou 31,88 hectáreas, das cales 31,68 foron de monte raso e 0,2 de monte arborado. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 12 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS