Medio Rural Agader

Primare Demo-Days

Presentación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza as xornadas “Primare Demo-Days” que se celebrarán o 17 de setembro en Forcarei (Pontevedra) e o 22 de outubro en Meira (Lugo).
O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

Público obxectivo

Responsables de explotacións agrarias, en especial dos beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC), e outros axentes do ambito agrario.

Enfoque do evento

O enfoque do evento é divulgativo, poñendo o foco no potencial do uso de medios tecnolóxicos para aumentar a eficiencia e reducir a complexidade da realización dos controis asociados ás axudas da PAC. Incorpora unha actividade de campo para os que estean interesados en coñecer o funcionamento dos uso de medios aéreos non tripulados -drones- para a realización destas actividades.
A asistencia é gratuíta, previa inscrición.

Programa


CCXunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Aviso Legal    Atendémolo/a