Guía básica
de introdución
aos incendios
forestais

Un glosario de termos
específicos dos incendios.

Clasificación dos incendios forestais en función da evolución histórica da paisaxe e do seu impacto no territorio.

  • 1ª, 2ª e 3ª xeración: incendios forestais que se desenvolven só no monte e que teñen capacidade de achegarse a núcleos de poboación sen supoñer un risco para as persoas. Cada xeración que sucede medra a continuidade do combustible na paisaxe, aumentando a intensidade dos incendios. Multiplícase o número de cortalumes e pistas nas zonas forestais. Increméntase o número de recursos destinados á extinción.
  • 4ª xeración: a continuidade do monte segue, as aldeas seguen perdendo poboación e ocupación do terreo (menos superficie agrícola). Os incendios forestais si teñen capacidade de impactar con perigo nos núcleos de poboación, dando lugar á declaración de situacións operativas 2.
  • 5ª xeración: son incendios de 4ª xeración pero que se desenvolven de forma simultánea, provocando o colapso dos servizos de extinción. Por exemplo, os incendios forestais rexistrados en Galicia en outubro de 2017.
  • 6ª xeración: incendios forestais debidos tanto ao abandono do rural (que implica grandes intensidades de lume) como ao cambio climático. A atmosfera dispón de máis enerxía para que un incendio intenso teña capacidade de xerar a súa propia tormenta de lume. As intensidades e velocidades de propagación están fóra da capacidade de extinción de calquera dispositivo. O risco para a poboación é moito maior. Por exemplo, dous lumes rexistrados en Portugal: Pedrograo en xuño do ano 2017 e no complexo de Sertá en outubro do 2017.

Incendio forestal próximo a zonas poboadas pero que debido a súa propagación ou á actuación do servizo de extinción non se prevé que impacte en vivendas ou noutras infraestruturas, polo cal non é necesario tomar medidas de protección especiais para persoas ou bens non forestais.

Incendios forestais nivel 1

Danse os condicionantes que se mencionan para incendios de interface e, ademais, a Xunta declara a situación operativa 2 para poder mobilizar medios alleos ao Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como os bombeiros urbanos, Protección Civil ou a Unidade Militar de Emergencias (UME), entre outros.

Incendio forestal nivel 2

Incendio forestal preto de zonas habitadas onde existe perigo de que o lume impacte nas vivendas, naves, colexios… porque ten capacidade de estenderse a través da vexetación existente tanto se é forestal, como se é doutro tipo de combustible.

Incendio interface

Incendio forestal que chega a unha fase na cal, ben por intensidade, ben pola súa velocidade de propagación ou de ambas as dúas, non é capaz de extinguirse independentemente do número de recursos asignados. Só son posibles accións para defender infraestruturas ou persoas, non para deter o seu avance.

Incendio fóra de capacidade de extinción

  • Cabeza ou fronte: parte do incendio con maior intensidade e velocidade de propagación que pode variar en función dos cambios de vento e/ou pendente. A cabeza é a parte do perímetro que avanza máis rapidamente.
  • Cola: parte traseira do incendio, con menor intensidade e velocidade de propagación.
  • Flancos: zonas laterais do incendio. Para determinar cal é o esquerdo e cal é o dereito obsérvase o incendio de cola a cabeza.
  • Borde: perímetro do incendio con lapas.
  • Dedos ou linguas: diferentes frontes que se poden presentar en función dos factores do incendio.
  • Illas: zonas sen arder no medio do incendio que poden orixinar lapas incluso cando o lume se atope controlado.
  • Foco secundario: focos alleos ou relativamente illados do borde do lume que se soen orixinar por pavesas.
Partes dun incendio forestal

  • Conato: incendio forestal inferior a 1 hectárea (ha) rasa ou 0.5 ha arboradas.
  • Incendio Forestal: superficie forestal afectada superior a 0.5 ha arboradas ou de máis de 1 ha se é mestura de raso e arborado.
  • GIF: Gran Incendio Forestal, cuxa superficie forestal afectada supera as 500 ha.

As lapas esténdense sen control e pode presentar máis dunha fronte.

Incendio forestal que evoluciona favorablemente e que non se prevé que sobrepase as liñas de control establecidas.

Incendio forestal no que se conseguiu deter a súa propagación. Pode haber lapas dentro do perímetro que requiran de labores de liquidación.

Está apagado e coas tarefas de liquidación efectuadas. Non hai lapas e o bordo está frío.

Persoal propio do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF), que se encarga da extinción de incendios forestais, da súa prevención e do apoio en continxencias no medio natural.

Bombeiros Forestais do SPIF

  • Batelume: ferramenta de sufocación de lonxitude aproximada de 1,75m.
  • Gorgui: ferramenta multifunción que permite, mediante o corte e raspado, a eliminación de combustible para a construción de liñas de defensa e asegurar o perímetro do incendio en manobras tanto de ataque coma de liquidación.
  • Pulaski: ferramenta multifunción con características de corte e cavado que resulta moi eficaz en terreos rochosos e duros.
  • Mochila de extinción: depósito portátil de auga con bomba manual de impulsión. É unha ferramenta de extinción e liquidación de incendio por arrefriamento. Altamente eficaz combinada con batelumes.
  • Queimador (facho de goteo): ferramenta de xestión do lume técnico que permite realizar traballos de prevención en base a queimas prescritas e traballos de extinción en ataque indirecto con emprego de lume táctico.
  • Mcleod: ferramenta multifunción que permite crear liñas de defensa e labores de remate no perímetro do incendio.
  • Sacho: ferramenta de ataque indirecto na creación de liñas de defensa e liquidación. A súa principal función é a eliminación de combustible ata o chan mineral.

Vehículo todoterreo lixeiro para o desprazamento dos/as Bombeiros/as Forestais e dos seus equipos. Algúns poden ser pick-up motobomba (con equipo de extinción).

Vehículo pick-up con motobomba (esquerda) e vehículo pick-up sen motobomba (dereita)

Vehículos dotados dunha bomba de auga accionada polo motor dun vehículo, normalmente un camión. Poden ser nodrizas, pesados, medios e lixeiros, en función da capacidade de transporte de auga. Os máis empregados en Galicia son os medios (3.500 - 4.200 l). Tamén se lles adoita denominar coloquialmente motobombas (MB). Poden bombear auga soa ou en combinación con retardantes.

Autobombas

Máquina de obra pública con tren de cadeas e pá de empuxe, que serve para abrir liñas de defensa e pistas de acceso. Pode intervir tanto de día como de noite, ten un gran rendemento aumentando considerablemente a capacidade de extinción. Necesita dunha góndola para poder ser transportada por estrada.

Bulldózer

Só poden actuar de día e serven para aumentar a capacidade de extinción dos medios terrestres. Poden ser de:

  • Á fixa: avións e avionetas
  • Á rotatoria: helicópteros

Medios aéreos

Persoal que presta apoio técnico á dirección de extinción e que se despraza nun vehículo tipo furgón, equipado cos medios tecnolóxicos necesarios. Durante o incendio, este vehículo permanece estático no lugar onde se estableza o posto de mando avanzado.

Unidade técnica de apoio

É o/a máximo/a responsable da extinción do incendio. Organiza os medios materiais e humanos, coordina as actuacións en terra e as dos medios aéreos. Ten a última palabra á hora de evacuar persoas e de establecer prioridades, entre outras cuestións.

Lugares onde hai persoal que xestiona os recursos que interveñen nos incendios forestais e dan apoio técnico á dirección de extinción:

  • Xefe/a provincial
  • Xefe/a de distrito
  • Técnica/o
  • Axente forestal
  • Vixiante fixo
  • Emisorista
  • Operador/a codificador/a

En Galicia está graduado da seguinte maneira:

  • Centro de coordinación central en Santiago de Compostela. Solicita medios ao Estado cando é necesario. Coordina certos medios aéreos e tamén o apoio de medios entre provincias como funcións principais.

    Centro de coordinación central, Santiago de Compostela
  • Centro de coordinación provincial. En Galicia existen 4, un por provincia. Coordinan os medios aéreos que se localizan na súa provincia e tamén o apoio de medios entre distritos da súa provincia, ademais de solicitar medios ao CCC cando é necesario, como funcións principais.

    Centro de coordinación provincial

  • Centro de coordinación de distrito. En Galicia existen 19 distritos que dependen do seu centro de coordinación provincial respectivo. Distribúen os medios nos incendios que se producen no seu territorio, xestionan a loxística e prestan apoio técnico á dirección de extinción. Solicitan medios de apoio cando é necesario e informan da evolución dos incendios ao seu centro de coordinación provincial, como funcións principais.

    Centro de coordinación de distrito

Profesional do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais con experiencia e formación avanzada en incendios forestais, que determina como vai evolucionar un incendio para así anticiparse á posible evolución do lume, evitando perdas maiores. Este analista tamén é o que prevé se o incendio forestal pode entrar nunha fase de fóra de capacidade de extinción. Tendo en conta que o problema máis importante ao que ten que enfrontarse o/a analista é a INCERTEZA (incapacidade de definir o que nos espera, a que nos enfrontamos e como podemos afrontar e resolver a situación), podemos diferenciar os seguintes tipos de análise:

  • Estratéxica: idea de resolución da incerteza tras a identificación espazo-temporal e dos pasos a dar para manter a certeza. Os pasos para mantela son os obxectivos tácticos que se definen a continuación. Exemplo: diagramas de polígonos de potencial e conexións que definen o escenario desexado para levalos a cabo por parte do corpo de extinción. Análise para identificar zonas con alto potencial de incendios forestais e intentar anticiparse aos comportamentos extremos ou anómalos.

    Análise estratéxica
  • Táctica: tempo e espazo onde se posiciona o servizo de prevención e extinción de incendios forestais para levar a cabo un traballo sobre o incendio. A análise táctica busca a zona e os puntos débiles das frontes do lume ou partes do incendio onde os/as bombeiros/as forestais serán fortes no seu cometido. Defínese e vai relacionada coa busca e identificación da ventá de actuación onde se aplicarán as manobras asegurando o éxito.

    Análise táctica

Acción concreta de extinción ou remate (liquidación) que se aplica dentro dun marco táctico (momento e espazo) para poder cumprir cos obxectivos tácticos e manter a certeza da estratexia.

Manobras de extinción directamente sobre as lapas. A liña de control establécese sobre o bordo do incendio, o que supón unha forte exposición á radiación do lume. En incendios forestais de certa intensidade non sería posible este tipo de ataque.

Ataque directo

Manobras de extinción afastadas da fronte de lapas onde a liña de control se establece mediante liña de defensa (bulldózer ou manual), lume técnico, liña húmida con retardante ou unha combinación de varias.

Ataque indirecto con bulldózer (esquerda) e ataque indirecto con contralume (dereita)

Aplicación do lume por parte dos/as bombeiros/as forestais, baixo unhas determinadas condicións para que este lume se desenvolva de forma axeitada e impacte contra o incendio principal provocando a súa extinción. Pode ser:

  • Contralume: aplicación de lume técnico próximo á fronte principal do incendio, polo que a fronte principal succiona o lume iniciado polos/as bombeiros/as. Xeralmente dáse na cabeza do incendio.

    Contralume
    Contralume apoiado con motobomba
    Contralume apoiado con liña de auga
  • Queima de ensanche: o lume técnico aplícase coa antelación suficiente dende unha liña de defensa, o que supón un ensanche da dita liña nunha primeira fase. A extinción de parte do incendio realízase nunha segunda fase. Normalmente aplícase nun flanco ou na cola.

    Queima de ensanche

Tendido de mangueira realizado por bombeiros/as forestais.

Liñas de auga

Toda liña onde non hai combustible (pista, río…), na que se xestiona o combustible existente (liña de defensa) ou se actúa con manobras de extinción para suprimir as lapas do perímetro e controlar o incendio.

Liñas de control

Franxa de terreo de ancho variable en función dos medios empregados, onde se elimina o combustible vexetal. Para unha execución óptima de dita liña é necesario raspar a superficie ata o solo mineral para evitar a propagación do lume a través do manto do chan.

Liña de defensa

Substancia a base de escumas ou polifosfatos que se engade á auga para aumentar as súas propiedades extintoras sobre o lume.

Retardante espumógeno Retardante polifosfatos

Tamén chamada “a derradeira manobra do/da bombeiro/a forestal”, defínese como a manobra defensiva que se realiza no caso de inminente atrapamento dos profesionais de extinción. Os/as bombeiros/as forestais coñecen perfectamente cada un dos pasos dos que consta o seu procedemento e deben realizalos coa maior rapidez posible.

Manobras de autoprotección

Estas queimas consisten no uso controlado do lume para reducir a vexetación, baixo unhas condicións específicas e técnicas que permitan fixar a intensidade do lume e a cantidade de combustible vexetal a eliminar, segundo un obxectivo proposto.

Queima prescrita

Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia. Funcións básicas:

  • Prever a estrutura organizativa e os procedementos para a prevención, detección, extinción, formación e investigación dos incendios forestais segundo as épocas de perigo.
  • Establecer con carácter xeral as épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco.
  • Reducir ao máximo posible, tendo en consideración os recursos dispoñibles, as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.

Paisaxe que soporta e incluso se ve favorecida polo paso de lumes de baixa intensidade, non dando lugar a incendios de grande intensidade.

Paisaxe resiliente

Reunión curta onde se revisan as tarefas máis importantes ou críticas para o día.

Briefing

Reunión posterior á xornada de traballo nun incendio forestal para comprobar se se alcanzaron os obxectivos previstos, recoñecer as dificultades e/ou analizar as alternativas de mellora nas operacións.

Diebriefing

Depósito de auga situado nun lugar predeterminado que garante un volume de auga suficiente para a súa utilización polos medios do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais en labores de extinción. Garántese unha subministración de auga suficiente, incluso nos meses de maior seca.

Punto de auga

Bolsa para o transporte de auga cun helicóptero (capacidade variable entre 900 e 4.000 litros, sendo o máis normal entre 900 e 1.200 litros).

Bambi bucket

Base permanente ou semipermanente para operacións con helicópteros.

Heliporto

Pode ser de extinción (ignífugo) ou de prevención. Non é recomendable usar o equipo de protección individual de extinción para prevención.

Equipo de protección individual

Dispositivo de aplicación de auga. Tamén se chama boquilla. Poden ser de caudal constante (máis antigas e menos eficientes) ou de caudal regulable (máis recentes e máis eficientes).

Lanza

Lugar físico onde se atopan as persoas con responsabilidades na dirección e coordinación da emerxencia.

Posto de mando avanzado

A intensidade do lume está directamente relacionada coa lonxitude das lapas. Con vento e/ou pendente as lapas poden ir inclinadas con respecto ao chan. En incendios forestais que superen os 5 m de fronte de lapas é moi complicado o seu ataque directo.

Lonxitude de lapa

Monte cuberto por especies arbustivas coma o toxo, xestas, carqueixas… sen arborado ou con arborado moi disperso (inferior ao 20%).

Monte raso

Monte cuberto por especies arbóreas que mantén unha certa espesura (+ do 20%).

Monte arbolado

Superficie cuberta por vexetación que non é propia do monte. Esta superficie pode ser agrícola, vexetación de interface, entre outra.

Son os metros que avanza o incendio forestal no seu eixe principal de propagación nun tempo determinado. Os incendios que superan os 300 m/h son lumes complicados de extinguir con ataque directo.

Cantidade de enerxía ou calor liberados por unidade de tempo e por unidade de lonxitude de fronte de lume. A intensidade do incendio é unha medida da combustión en tempo real e non indica directamente os efectos do lume na vexetación ou no solo, nin a resposta posterior do ecosistema. Por exemplo:

  1. Un incendio forestal de alta intensidade que amose un comportamento extremo (gran lonxitude de lapas, rápida velocidade de propagación ou o consumo das copas das árbores) podería ter efectos baixos ou moderados no solo debido ao curto tempo de residencia da calor.
  2. Pola contra, un incendio forestal de baixa intensidade (un tronco ardendo sobre o chan, por exemplo) pode producir unha calor intensa e pode ser de longa duración, o que provoca unha alta severidade sobre o solo na zona baixa do tronco ou nas raíces das árbores.

Aumento da temperatura do solo como resultado da transferencia de calor da combustión do combustible superficial e da combustión dos horizontes orgánicos do solo, que se ven afectados pola duración e pola intensidade do lume e están relacionados coa humidade do combustible antes do incendio. Os dous compoñentes do réxime térmico do solo relacionados coa severidade do lume a nivel do chan son a temperatura máxima acadada e a duración do quentamento.

É o efecto dun incendio forestal en características da superficie do solo, incluíndo espesor de cinzas, perda de materia orgánica, alteración da cor e estrutura e redución da infiltración. A clasificación do estado do solo tras o incendio baséase nos cambios inducidos polo lume nas propiedades físicas e biolóxicas do solo. Existen distintas clasificacións dispoñibles e en Galicia utilízase unha desenvolvida no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que reflicte ben as alteracións nas propiedades dos solos galegos e relaciónase estreitamente coas perdas de solo por erosión despois do incendio.

Severidade do lume

Refírese ao efecto do lume no estrato de vexetación, a miúdo definido polo grao de consunción e pola mortalidade da vexetación. A severidade do lume na vexetación depende da intensidade do incendio e do grao no que as propiedades do ecosistema son (ou non) resistentes ao lume.

Son o conxunto de actividades que se deben levar a cabo nos meses seguintes ao incendio forestal e están dirixidas fundamentalmente a reducir o risco de escorrentías e de erosión.

É o conxunto de procesos a longo prazo para a recuperación integral do ecosistema.

Refírese á cobertura orgánica efectiva no que respecta á mitigación de escorrentías e da erosión, e inclúe a follaxe, o manto e os restos leñosos. Tamén pode denominarse “cuberta do solo” ou “cuberta orgánica do solo”. Os tratamentos do acolchado do chan ou mulches con materiais vexetais aportan unha cuberta ao solo afectado cunha alta severidade para protexelo da acción da choiva. A aplicación de mulch dende helicóptero, efectuada por primeira vez en España en áreas incendiadas de Galicia, é un sistema factible, rápido e eficaz con reducións de perdas de solo de máis dun 90%.

Helimulching