Medio Rural Agader
copiar url Twitter Facebook

De camiño ao mundo rural

O obxectivo da conferencia é desenvolver unha estratexia global para previr o abandono e incentivar a repoboación das zonas rurais a través dun enfoque holístico incluíndo a agricultura, o turismo e o desenvolvemento rural no seu sentido máis amplo.

A conferencia está dirixida a representantes de institucións e administracións, profesionais no campo da agricultura, ó desenvolvemento rural e rexional, organismos e administracións relacionados directa e indirectamente co desenvolvemento rural e rexional, co turismo, co comercio, co sector privado, mestres, investigadores e estudantes universitarios, centros de tecnoloxía e investigación, etc.

Por iso, a conferencia abordará en paralelo o desafío de dar nova vida ás zonas rurais en catro bloques temáticos:

  • a) Xestión de terras – retos e oportunidades (taller de LANDNET)
  • b) O Turismo - porta ao mundo rural
  • c) Da terra á Terra
  • d) Mulleres liderando no rural

Debateranse durante tres días en diferentes sesións plenarias e paralelas con relatorios craves e en mesas redondas. O primeiro día estará reservado para unha presentación crave introducindo o tema global cun relator de alto nivel, seguido pola tarde de presentacións dos catro módulos e as súas interaccións. O primeiro día pecharase cunha mesa redonda con representantes de nivel alto (técnico) seleccionados das institucións relevantes que traballan coa materia, e un debate co pleno. Os demais días serán organizados ao redor dos catro módulos temáticos en paralelo. Finalmente realizaráse unha sesión de peche cunha mesa redonda onde os moderadores dos catro módulos presentasen os resultados/conclusións máis destacados e debaterase co público sobre como se pode contribuir a mellorar a situación. Engadiríase un día de campo opcional para os que están interesados en coñecer proxectos innovadores xa levados a cabo en diferentes lugares en Galicia e experimentar a realidade do campo.

As xornadas terán lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela do 5 ao 8 de novembro de 2019.

Para o primeiro módulo "A. Xestión de terras – retos e oportunidades (taller de  LANDNET)" haberá tradución simultánea inglés-castelán e ruso-castelán, xa que esperamos participantes de Europa do Leste e Asia Central. Os outros tres módulos serán só en castelán.


Conferencia organizada en cooperación e co apoio de:

CCXunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Aviso Legal    Atendémolo/a