Page 4 - anuario estatistica agraria 2018
P. 4

O Anuario de estatística agraria 2018 segue recompilando e difundindo
                           ano tras ano os datos estatísticos máis salientables dos sectores
                           agrogandeiro, forestal e alimentario galegos. Para a súa elaboración
                           empregouse fundamentalmente a información procedente das
                           operacións estatísticas reflectidas no Plan galego de estatística
                           2017‑2021, complementada coas operacións realizadas en convenio
                           co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e con datos doutras
                           fontes como Eurostat.


                           Esta publicación estrutúrase en diferentes áreas temáticas da
                           información, respéctanse as series históricas e, así mesmo, todo aquilo
                           que permita un estudo cronolóxico comparativo.


                           No apartado de superficies de cultivo e rendementos dos cultivos
                           elaboráronse os datos para determinar as superficies agrícolas
                           desagregadas por provincias e comarcas, e a nivel municipal as
                           superficies dos diferentes usos do solo que se corresponden coas
                           operacións estatísticas “Avance de superficies e producións agrarias” e
                           “Rendementos dos cultivos” do programa estatístico anual elaborado
                           pola Consellería do Medio Rural, e a “Operación do panel territorial”
                           correspondente ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio
                           Ambiente. Acadouse así a integración metodolóxica co Ministerio na
                           operación que determina as superficies agrícolas e os seus rendementos.
                           Esta integración baseouse, fundamentalmente, na asunción por parte
                           do Ministerio do mapa dos estratos da Consellería ao homoxeneizarse
                           as nomenclaturas e os criterios de toma de datos no campo.

                           No subsector gandeiro os datos proveñen da análise da información
                           recollida no Programa nacional de erradicación de enfermidades dos
                           animais, conxuntamente coa derivada das operacións de explotacións
                           dos  rexistros  administrativos  da  Consellería  do  Medio  Rural
                           correspondentes ao gando bovino, porcino, ovino‑cabrún e avícola.
                           Tamén se reflicten, ao mesmo tempo, os resultados das enquisas de
                           efectivos gandeiros de bovino e porcino, que utilizan os resultados da
                           enquisa de decembro por ser os que se empregan no ámbito europeo
   1   2   3   4   5   6   7   8   9