Page 5 - anuario estatistica agraria 2018
P. 5

para estimar a evolución dos efectivos. Estes datos, obtidos a partir
                           destas operacións (censo/enquisa), non coinciden plenamente posto
                           que teñen orixes distintas, tanto na operación estatística que os
                           produce coma no período de recollida da información (anual/mes
                           de decembro), aínda que amosan unha clara analoxía. En canto ás
                           producións gandeiras, a información exposta procede das operacións
                           estatísticas realizadas en convenio co Ministerio, tales como a estatística
                           da produción leiteira, a enquisa de sacrificio nos matadoiros, estrutura
                           das salas de incubación e as producións de ovos, mel e cera.


                           Os produtos galegos con indicativo de calidade dos distintos subsectores
                           é outro apartado que se inclúe neste anuario. A información amosada
                           aquí é froito dunha análise achegada polos correspondentes consellos
                           reguladores.


                           En relación aos datos dos prezos agrarios, determináronse a partir
                           da enquisa de prezos e salarios mensuais percibidos e pagados polos
                           agricultores dunha serie de produtos e a man de obra nas explotacións
                           agrarias, do prezo declarado polos compradores de leite e da enquisa
                           que recolle os prezos pagados pola venda e alugamento das terras de
                           aproveitamento agrario ou rústicas.

                           A explotación do rexistro de maquinaria achega a información básica
                           sobre a evolución e os tipos de máquinas existentes no campo e
                           reflíctese a importancia que ten dentro do proceso produtivo agrario.


                           O apartado de Galicia na Unión Europea, Eurostat achega a información
                           doutros países europeos, que elabora seguindo procesos análogos aos
                           utilizados en Galicia, o que fai que sexan plenamente comparables.
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10