Publicaciones
La distribución y venta al público de los libros se hará solamente a través de la plataforma electrónica en la dirección https://libraria.xunta.gal/ o en librerías asociadas a esta plataforma
Actualización de 2024 dos datos do rendemento e da calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia.
Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) a portada e o primeiro artigo están dedicados ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas, unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.
Nesta nova entrega de Agroexprés (nº 7) hai unha importante representación de temas forestais, tamén outros artigos de interese sobre viticultura, fertilización etc., que agardamos que sexan de interese para todos.
Revisión do ano 2022. Esta axenda naceu para identificar accións que se van desenvolver, promover ou participar desde a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).
Recompilación, tanto bibliográfica coma das experiencias da empresa de base tecnolóxica (EBT) do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo, MycoGalicia Plantae, no cultivo de fungos produtores de cogomelos comestibles e de uso micoterapéutico ou nutracéutico, coas indicacións tanto para facelo industrialmente coma na propia casa.
Actualización (novembro 2023) da información das medidas de erradicación da flavescencia dourada da vide nas zonas demarcadas.
Esta publicación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración co Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo, fai unha recompilación ordenada dos requisitos administrativos, orientada ás adegas (de xeito especial ás pequenas e medianas) pertencentes ás diferentes denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Galicia, co propósito de que estas poidan mellorar o seu coñecemento e comprensión destes, e, como consecuencia, o seu cumprimento.
Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.
O obxecto principal deste manual é desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, sendo a conservación da paisaxe un valor engadido en todo o proceso. No manual aséntanse as bases do proceso metodolóxico e das diferentes perspectivas sectoriais que entran en xogo, non só a produtiva e a social, senón tamén as principais de conservación da paisaxe, a etnografía, o patrimonio cultural e natural; todo iso en coherencia coa nova filosofía e estratexia de infraestrutura verde.
Esta publicación es una guía de consulta eminentemente práctica, útil para aquellas personas que se quieran introducir en el conocimiento de los hongos que crecen en los diferentes hábitats presentes en nuestra comunidad.