Inspeccións de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios
INDÍCE:
- Equipos a inspeccionar, prioridades e periodicidade das inspeccións.
- Relación de Estacións ITEAF autorizadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- Censo de equipos e máquinas a inspeccionar por provincias, comarcas e concellos.
- Lexislación
- Documentos informativos
1. EQUIPOS A INSPECCIONAR, PRIORIDADES E PERIODICIDADE DAS INSPECCIÓNS
A Directiva 2009/128/CE, sobre o uso sostible dos praguicidas, establece a obrigatoriedade das inspeccións periódicas aos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios. O Real Decreto 1702/2011, sobre inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e o Decreto galego 69/2014, do 15 de maio, establece que os ditos equipos serán inspeccionados de acordo cun programa de inspeccións elaborado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O obxecto destas inspeccións dos equipos e máquinas de aplicación de produtos fitosanitarios é comprobar o estado e o seu funcionamento para conseguir unha correcta aplicación do produto nos cultivos agrícolas. Ademais, que cumpra coa normativa de seguridade respecto ao operador e coa normativa medioambiental para protexer tanto ao aplicador como ao entorno agrícola.
- QUE EQUIPOS DEBEN PASAR A INSPECCIÓN?
-
- Equipos móbiles de aplicación de produtos fitosanitarios de uso agrario e non agrario:
- Pulverizadores hidráulicos (de barras ou de pistolas).
- Pulverizadores hidropneumáticos (atomizadores)
- Pulverizadores pneumáticos (nebulizadores).
- Pulverizadores centrífugos.
- Espalladores.
- Equipos de aplicación montados a bordo de aeronaves.
- Equipos instalados no interior de invernadoiros e outros locais pechados.
- Pulverizadores de arrastre manual (carretillas) con depósito maior de 100 litros. Quedan excluídos os pulverizadores de mochila.
Os equipos a inspeccionar deberán estar previamente inscritos no ROMA para poderlle facerlle a inspección.
- Equipos móbiles de aplicación de produtos fitosanitarios de uso agrario e non agrario:
- CALES SON AS PRIORIDADES PARA REALIZAR AS INSPECCIÓNS?
-
Para realizar as inspeccións na Comunidade Autónoma de Galicia se terán en conta as seguintes prioridades :
- Respecto á titularidade de equipos:
- Empresas de servizos agrarios, Asociación de Defensa Fitosanitaria (ADF), Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) ou outras asociacións similares.
- Cooperativas agrarias e outras agrupacións de agricultores, así como as comunidades de bens que agrupen a dez produtores.
- Respecto ás características propias dos equipos:
- Equipos automotrices, equipos arrastrados de maior capacidade de traballo e equipos de maior antigüidade.
- Respecto á titularidade de equipos:
- CAL É A PERIOCIDADE DAS INSPECCIÓNS?
-
- Todos os equipos deberán ser inspeccionados antes do 26 de novembro de 2016.
- Se son equipos novos, deberán ser inspeccionados unha vez dentro dos cinco primeiros anos tras a súa compra.
- As inspeccións posteriores unha vez feita a primeira, serán cada cinco anos, agás para os titulares enumerados no apartado 1 anterior, que será cada tres anos.
- A partir do ano 2020, todos os equipos deberán ser inspeccionados cada tres anos.
- QUÉ ELEMENTOS DOS EQUIPOS SE INSPECCIONAN?
-
- Elementos de transmisión da potencia
- Bomba
- Axitación
- Tanque de líquido para pulverización
- Sistemas de medida e de regulación e control
- Tubos e mangueiras
- Filtrado
- Barra de pulverización
- Boquillas
- Distribución
- Sistemas pneumáticos
- Manómetro
- Regulación da presión
- Caudal das boquillas
Antes de levar o equipo á inspección, o titular ou responsable deberá de comprobar o seguinte:- Limpar o equipo a inspeccionar por fóra e por dentro para eliminar os residuos do produto, especialmente as partes que están en contacto directo cos produtos fitosanitarios. Recomendase desmontar unha a unha todas as boquillas e todas as mallas dos filtros.
- Comprobar que as boquillas non se atopan obstruídas nin desgastadas e o correcto estado das mallas dos filtros.
- Non se admitirán máquinas de tratamentos que presenten fugas nos seus circuítos hidráulicos.
- As tomas de forza e seu eixe estarán debidamente protexidos, así como o resto de elementos móbiles do equipo.
- O operador habitual da máquina de tratamento estará presente na inspección.
- É necesario que o manómetro da máquina de tratamentos presente as divisións adecuadas tanto para cultivos baixos como para cultivos altos.
- Deberase levar o depósito da máquina de tratamentos cheo de auga en 3/4 partes da súa capacidade nominal.
- A máquina de tratamentos estará accionada preferiblemente polo tractor co que traballa habitualmente.
- Os defectos detectados serán reparados previamente antes de levar a máquina á inspección.
- QUEN FAI AS INSPECCIÓNS?
-
- As inspeccións serán realizadas polas Estacións de Inspección Técnica de Aplicación de Produtos Fitosanitarios (Iteaf) autorizadas pola Consellería de Medio Rural e publicadas na súa páxina web. O interesado poderá contactar con calquera delas e solicitar cita previa para realizar a inspección da súa máquina, que estará dada de alta previamente no ROMA.
- O titular ou usuario recibirá o certificado ou boletín co resultado da inspección, e este será:
- Favorable, sen defecto grave.
- Desfavorable, con defecto grave. Non se poderá utilizar o equipo ata a reparación dos elementos defectuosos.
As inspeccións faranse de acordo co Manual de inspeccións publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta información pode consultarse en https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/medios-de-produccion/maquinaria-agricola/inspecciones-equipos-aplicacion-productos-fitosanitarios/
2. RELACIÓN DE ESTACIÓNS ITEAF AUTORIZADAS POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
3. CENSO DE EQUIPOS E MÁQUINAS A INSPECCIONAR POR PROVINCIAS, COMARCAS E CONCELLO
4. LEXISLACIÓN
- Real Decreto 1702/2011, de 18 de novembro, de inspecciones periódicas de los equipos de aplicación de produtos fitosanitarios
- DECRETO 60/2014, do 15 de maio, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego
5. DOCUMENTOS INFORMATIVOS
- Tríptico informativo
- Nota informativa equipos de aplicación en aeronaves
- NOTA INFORMATIVA TRATAMIENTOS AEREOS CON DRONES-AESA
TODOS OS EQUIPOS DEBERÁN SER INSPECCIONADOS ANTES DO 26 DE NOVEMBRO DE 2016
ESTAS INSPECCIÓNS SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, NON ESPERE ATA O ÚLTIMO DIA!
Para máis información consultar á súa Oficina Agraria Comarcal máis próxima, ou ben nos seguintes teléfonos:
OFICINA XUNTA DE GALICIA | ENDEREZO | TELÉFONO/FAX |
---|---|---|
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DA CORUÑA | Rúa Vicente Ferrer nº 2 15008-A Coruña | Tel: 981182579 / 981184553 Fax: 981184474 |
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE LUGO | Ronda Muralla, 70 27071-Lugo |
Tel: 982294459/982889247 Fax: 982294808 |
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE OURENSE | Rúa Florentino L. Cuevillas, 4 - 6 baixo 32003-Ourense |
Tel: 988386687/988386693 Fax:988386482 |
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE PONTEVEDRA | Rúa Fernández Ladreda, 43 - 2º - 36003-Pontevedra |
Tel: 986805446 / 886206547 Fax: 986805406 |
SERVIZO DE SANIDADE E PRODUCIÓN VEXETAL SANTIAGO DE COMPOSTELA | Rúa dos Irmandiños s/n Salgueiriños 15701-Santiago de Compostela |
Tel. 881997443 /881997441 Fax. 881997442 |