Maquinaria agrícola

Compartir

Inspeccións de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios

INDÍCE:

  1. Equipos a inspeccionar, prioridades e periodicidade das inspeccións.
  2. Relación de Estacións ITEAF autorizadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Censo de equipos  e máquinas a inspeccionar por provincias, comarcas e concellos.
  4. Lexislación
  5. Documentos informativos

 

1. EQUIPOS A INSPECCIONAR, PRIORIDADES E PERIODICIDADE DAS INSPECCIÓNS
A Directiva 2009/128/CE, sobre o uso sostible dos praguicidas, establece a obrigatoriedade das inspeccións periódicas aos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios. O Real Decreto 1702/2011, sobre inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e o Decreto galego 69/2014, do 15 de maio, establece que os ditos equipos serán inspeccionados de acordo cun programa de inspeccións elaborado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.


O obxecto destas inspeccións dos equipos e máquinas de aplicación de produtos fitosanitarios é comprobar o estado e o seu funcionamento para conseguir unha correcta aplicación do produto nos cultivos agrícolas. Ademais, que cumpra coa normativa de seguridade respecto ao operador e coa normativa medioambiental para protexer tanto ao aplicador como ao entorno agrícola.

 

QUE EQUIPOS DEBEN PASAR A INSPECCIÓN?
  1. Equipos móbiles de aplicación de produtos fitosanitarios de uso agrario e non agrario:
    • Pulverizadores hidráulicos (de barras ou de pistolas).
    • Pulverizadores hidropneumáticos (atomizadores)
    • Pulverizadores pneumáticos (nebulizadores).
    • Pulverizadores centrífugos.
    • Espalladores.
  2. Equipos de aplicación montados a bordo de aeronaves.
  3. Equipos instalados no interior de invernadoiros e outros locais pechados.
  4. Pulverizadores de arrastre manual (carretillas) con depósito maior de 100 litros. Quedan excluídos os pulverizadores de mochila.

Os equipos a inspeccionar deberán estar previamente inscritos no ROMA para poderlle facerlle a inspección.

CALES SON AS PRIORIDADES PARA REALIZAR AS INSPECCIÓNS?

Para realizar as inspeccións na Comunidade Autónoma de Galicia se terán en conta as seguintes prioridades :

  1. Respecto á titularidade de equipos:
    • Empresas de servizos agrarios, Asociación de Defensa Fitosanitaria (ADF), Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) ou outras asociacións similares.
    • Cooperativas agrarias e outras agrupacións de agricultores, así como as comunidades de bens que agrupen a dez produtores.
  2. Respecto ás características propias dos equipos:
    • Equipos automotrices, equipos arrastrados  de maior capacidade de traballo e equipos de maior antigüidade.
CAL É A PERIOCIDADE DAS INSPECCIÓNS?
  • Todos os equipos deberán ser inspeccionados antes do 26 de novembro de 2016.
  • Se son equipos novos, deberán ser inspeccionados unha vez dentro dos cinco primeiros anos tras a súa compra.
  • As inspeccións posteriores unha vez feita a primeira, serán cada cinco anos, agás para os titulares enumerados no apartado 1 anterior, que será cada tres anos.
  • A partir do ano 2020, todos os equipos deberán ser inspeccionados cada tres anos.
QUÉ ELEMENTOS DOS EQUIPOS SE INSPECCIONAN?
  • Elementos de transmisión da potencia
  • Bomba
  • Axitación
  • Tanque de líquido para pulverización
  • Sistemas de medida e de regulación e control
  • Tubos e mangueiras
  • Filtrado
  • Barra de pulverización
  • Boquillas
  • Distribución
  • Sistemas pneumáticos
  • Manómetro
  • Regulación da presión
  • Caudal das boquillas


Antes de levar o equipo á inspección, o titular ou responsable deberá de comprobar o seguinte:

  1. Limpar o equipo a inspeccionar por fóra e por dentro para eliminar os residuos do produto, especialmente as partes que están en contacto directo cos produtos fitosanitarios. Recomendase desmontar unha a unha todas as boquillas e todas as mallas dos filtros.
  2. Comprobar que as boquillas non se atopan obstruídas nin desgastadas e o correcto estado das mallas dos filtros.
  3. Non se admitirán máquinas de tratamentos que presenten fugas nos seus circuítos hidráulicos.
  4. As tomas de forza e seu eixe estarán debidamente protexidos, así como o resto de elementos móbiles do equipo.
  5. O operador habitual da máquina de tratamento estará presente na inspección.
  6. É necesario que o manómetro da máquina de tratamentos presente as divisións adecuadas tanto para cultivos baixos como para cultivos altos.
  7. Deberase levar o depósito da máquina de tratamentos cheo de auga en 3/4 partes da súa capacidade nominal.
  8. A máquina de tratamentos estará accionada preferiblemente polo tractor co que traballa habitualmente.
  9. Os defectos detectados serán reparados previamente antes de levar a máquina á inspección.
QUEN FAI AS INSPECCIÓNS?
  1. As inspeccións serán realizadas polas Estacións de Inspección Técnica de Aplicación de Produtos Fitosanitarios (Iteaf) autorizadas pola Consellería de Medio Rural e publicadas na súa páxina web. O interesado poderá contactar con calquera delas e solicitar cita previa para realizar a inspección da súa máquina, que estará dada de alta previamente no ROMA.
  2. O titular ou usuario recibirá o certificado ou boletín co resultado da inspección, e este será:
    •  Favorable, sen defecto grave.
    •  Desfavorable, con defecto grave. Non se poderá utilizar o equipo ata a reparación dos elementos defectuosos.

As inspeccións faranse de acordo co Manual de inspeccións publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta información pode consultarse en https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/medios-de-produccion/maquinaria-agricola/inspecciones-equipos-aplicacion-productos-fitosanitarios/

2. RELACIÓN DE ESTACIÓNS ITEAF AUTORIZADAS POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Descargar arquivo

3. CENSO DE EQUIPOS E MÁQUINAS A INSPECCIONAR POR PROVINCIAS, COMARCAS E CONCELLO

4. LEXISLACIÓN  

5. DOCUMENTOS INFORMATIVOS


TODOS OS EQUIPOS DEBERÁN SER INSPECCIONADOS ANTES DO 26 DE NOVEMBRO DE 2016
ESTAS INSPECCIÓNS SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, NON ESPERE ATA O ÚLTIMO DIA!

 

Para máis información consultar á súa Oficina Agraria Comarcal máis próxima, ou ben nos seguintes teléfonos:

 

OFICINA XUNTA DE GALICIA ENDEREZO TELÉFONO/FAX
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DA CORUÑA Rúa Vicente Ferrer nº 2 15008-A Coruña    Tel: 981182579 / 981184553
Fax: 981184474
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE LUGO Ronda Muralla, 70
27071-Lugo
Tel: 982294459/982889247
Fax: 982294808
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE OURENSE    Rúa Florentino L. Cuevillas, 4 - 6 baixo
32003-Ourense   
Tel: 988386687/988386693
Fax:988386482
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE PONTEVEDRA Rúa Fernández Ladreda, 43 - 2º -
36003-Pontevedra
Tel: 986805446 / 886206547
Fax: 986805406
SERVIZO DE SANIDADE E PRODUCIÓN VEXETAL SANTIAGO DE COMPOSTELA    Rúa dos Irmandiños s/n Salgueiriños
15701-Santiago de Compostela
Tel.  881997443 /881997441
Fax.  881997442