Avaliación de Impacto Ambiental

Compartir

O procedemento de Avaliación do Impacto Ambiental de proxectos (AIA) é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.

1. Lexislación

O réxime xurídico aplicable á AIA está regulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada polas seguintes diposicións lexislativas:

  • Lei  9/2018, do 5 de decembro (BOE núm. 294 do 6/12/2018)
  • Real Decreto Lei 36/2020, do 30 de decembro (BOE núm. 341 do 31/12/2020)
  • Real Decreto Lei 23/2020, do 23 de xuño (BOE núm. 175 do 24/6/2020).

 

2. Ámbito de aplicación

A Lei 21/2013 distingue dous procedementos de AIA en función do tipo de proxectos agrogandeiros de que se trate.

  • AIA ordinaria: Os proxectos agrogandeiros comprendidos no artigo 7.1 da Lei 21/2013.
  • AIA simplificada: Os proxectos agrogandeiros comprendidos  no artigo 7.2 da Lei 21/2013.

 

3. Órgano Substantivo

En canto as competencias esixibles aos órganos administrativas que avalían os procedementos relativos aos proxectos sometidos a AIA, a Lei 21/2013, de 9 de decembro, distingue entre órgano substantivo e órgano ambiental.

En concreto, o artigo 5.1.d) establece que órgano substantivo é aquel órgano da Administración pública que ostenta as competencias para adoptar ou aprobar un plan ou programa, para autorizar un proxecto, ou para controlar a actividade dos proxectos suxeitos a declaración responsable ou comunicación previa, salvo que o proxecto consista en diferentes actuacións en materias cuxa competencia a ostenten distintos órganos da Administración pública estatal, autonómica ou local, nese caso, considerarase órgano substantivo aquel que ostente as competencias sobre a actividade a cuxa finalidade se orienta o proxecto, con prioridade sobre os órganos que ostentan competencias sobre actividades instrumentais ou complementarias respecto a aquela.

Á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural correspóndelle exercer como órgano substantivo nos proxectos agrogandeiros recollidos na citada Lei, exceptuando os proxectos gandeiros do grupo 1.a. 1º, 3º e 4º que figuran no Anexo I da mesma, os cales deberán ser sometidos a Autorización Ambiental Integrada (ao atoparse incluidos no punto 9.3 do Anexo I do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación). Neste último caso o órgano ambiental substantivo é o Servicio de Prevención e Control Integrado da Contaminación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV).

Para mais información sobre os procedementos de AIA poderán dirixirse á páxina web da CMATV: 
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html

 

4. Proxectos gandeiros sometidos a avaliación de impacto ambiental

1.- Para determinar en que grupo se atopa o proxecto dunha explotación gandeira haberá que calcular a súa capacidade (número máximo de prazas) segundo o indicado na Instrución técnica para calcular a capacidade das instalacións de gandería intensiva (IT-CMAOT-1 ) da CMATV.

2.- Ademais, todos aqueles proxectos gandeiros deberan incluír no proxecto básico, no documento de inicio, no documento ambiental, no estudo de impacto ambiental e no documento ambiental, segundo o caso,  un plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización. Dito plan elaborarase segundo o recollido nas Instrucións técnicas para a elaboración do plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización (IT-CMAOT-2 ) da CMATV, e na folla de cálculo para elaborar o plan de xestión e fertilización.

Os documentos referidos no punto 1 e 2 pódense atopar na seguinte ligazón da CMATV:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&std=ProxectosAgroforestais.html