Raza autóctona galega: Bovina
Cachena
Reprodutora con moi boas calidades maternais. Produce unha carne de excelente calidade.
Caldelá
Ben dotada para o traballo, úsase para o aproveitamento dos pasteiros de alta montaña.
Frieiresa
Mansa e de sinxelo manexo, moi apreciada para o traballo agrícola. Toma o nome da comarca da Frieira.
Limiá
A máis grande de todas as bovinas autóctonas galegas. Boa produción leiteira e capacidade maternal.
Vianesa
Vaca rústica, perfectamente adaptada ao medio montañoso no que se desenvolve e de boa condición leiteira.