Agricultura

Compartir

Agricultura

 

A Consellería do Medio Rural incentiva o aproveitamento do potencial do sector agrícola, como base da produción alimentaria de calidade.

Apóstase por reforzar un sector con capacidades de atender as demandas cada vez máis esixentes dos consumidores e de competir no mercado internacional pola vía da distinción de calidade ao tempo que se optimizan os recursos.

A produción de alimentos de calidade é un dos principais activos da economía galega. Preténdese reivindicar a defensa da utilización, consumo e distribución de produtos agroalimentarios galegos para pór en valor os nosos recursos e para xerar riqueza mediante o peche do ciclo produtivo no noso país.

Apóianse aquelas explotacións e cooperativas que buscan unha vía de transformación e de comercialización directa dos seus produtos primando a través desta liña de actuación os aspectos relacionados coa innovación tecnolóxica e a aplicación de I+D+i.

A mellora das condicións de vida e de traballo dos agricultores e gandeiros é necesaria para seguir tendo un sector agroalimentario forte. A defensa dos seus intereses, así como das industrias agroalimentarias que operan en Galicia, creando emprego e riqueza, segue tendo unha importancia vital para o mantemento dun medio rural vivo e con futuro.

Estimúlase o desenvolvemento dun sector agrícola que respecte a biodiversidade, os métodos de produción compatíbeis coa protección do contorno e a remuneración das funcións territoriais, sociais e ambientais da actividade agraria.