Plataforma Galega de Información Agraria – Servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións

Compartir

 

Operación  Plataforma Galega de Información Agraria - Servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións cofinanciada con cargo o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

 

O obxectivo da actuación é desenvolver unha plataforma de información agraria que posibilite a prestación de servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións, especialmente aqueles dirixidos á compartición de información dos titulares das explotacións agrarias e a Administración, tanto a nivel de facilitar a canle de comunicación dos titulares coa Administración, como para que esta poida ofrecer servizos de valor engadido aos mesmos.
Esta plataforma de servizos está por tanto dirixida cara a dous potenciais beneficiarios claramente interrelacionados:

  • Agricultores e Gandeiros (Produtores): Xestión eficiente da súa explotación; Información achegada por Agroalimentarias, Consellos Reguladores, Outra produtores
  • Administración: Obtención de información adicional por parte do produtor; Análise da información, Toma de decisións, Comunicación aos produtores, Política Agraria en Galicia

A plataforma facilitá ao Produtor a Xestión Electrónica da Explotación agrícola: Punto centralizado,  Xeolocalizar e modificar elementos, Rexistro gráfico de actuacións e incidencias, Emisión/Recepción de mensaxes e alertas de/para outra Produtores/Administración, Control económico e produtivo, Interacción coa Administración de maneira dixital e directa.
Respecto da administración permitirá unha mellora na xestión das explotacións, en conexión co Rexistro de Explotación Agrarias de Galicia: Punto centralizado de información (actualización continua), Compoñente gráfica, Servizos de intercambio de información co Produtor, Análise e toma de decisións, Comunicación aos produtores (Alertas, Avisos, Recomendacións…).
O sistema concrétase nos seguintes resultados/ferramentas de alto nivel:

A plataforma resultante, ademais de na xestión das explotacións agrarias, é de potencial aplicación en ámbitos como o vitícola, a xestión gandeira e a xestión de xurros e abonos, a xestión forestal, entre outros; facilitando a realización da xestión da explotación nos distintos ámbitos por parte do produtor (ou autorizado), garantindo a xestión dos cadernos electrónicos da explotación, aliñada cos requirimentos legais establecidos, e facilitando ferramentas como apps ou cadros de explotación e axuda á decisión.

 

DESCRICIÓN SUBPROXECTOS

XEAGA. Sistema de xestión de explotacións agrarias de Galicia. Sistema para a xestión da información por parte de xestores de explotacións agrarias, a través de ferramentas orientada ao Agricultor Activo, con especial fincapé para o cumprimento da normativa en relación co Caderno Dixital de Explotación.

OPA. Observatorio de parcelas. Repositorio de información gráfica e alfanumérica  para a xestión da información de explotacións agrarias orientado a Xestores da Administración e xestores de explotacións agrarias.

Diagrama

MARCO DE REFERENCIA DO PROXECTO

Plan estratéxico de Galicia 2022_2030: O proxecto que se pretende desenvolver se incadrina cos cinco obxectivos estratéxicos do PEC 2022_2030, pero de maneira particular co eixo 3, e en particular para aproveitar as potencialidades de Galicia cara a un sector primario moderno e competitivo.

 

Información relacionada

DOCUMENTACIÓN E FORMACIÓN DO PROXECTO

Nesta sección estarán dispoñibles os documentos, gravacións e sesións de difusión, pílulas formativas e en xeral todos os elementos que faciliten tanto aos titulares e xestores das explotacións agrarias (XEAGA) como aos técnicos da Administración (OPA) a información para o acceso e utilización dos sistemas de información desenvolvidos no proxecto.

Tamén se irá dando conta nesta sección das novas actividades de difusión e formación que se desenvolvan.


0) Presentación global de Agro 4.0.

1) Seminario web (22/05/2023)
Xestión de explotacións agrarias de Galicia - Caderno dixital XEAGA

2) Presentación pública do proxecto (09/06/2023)
No marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, desenvolveuse o pasado 9 de xuño do 2023 unha presentación pública do proxecto. Pódese consultar o programa, e o cartel da xornada

3) Do 19 ao 30 de xuño realizáronse varias sesións de formación presenciais para amosar o funcionamento da aplicación XEAGA. Trasladouse comunicación a entidades de asesoramento e outros colectivos e axentes aos que se convocou para esta primeira rolda de formación, cunha elevada asistencia e acollida; téndose suxerido importantes achegas por parte dos asistentes

PÍLULAS FORMATIVAS:

 

FAQS

Cando estará operativo o novo sistema? 

Os distintos subsistemas de que se compón a primeira fase iranse poñendo en marcha paulatinamente, permitindo en todo caso dar cumprimento ás obrigas derivadas do REAL DECRETO 1054/2022, DE 27 DE DICIEMBRE, POR EL QUE SE ESTABLECE Y REGULA EL SISTEMA DE  INFORMACIÓN DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS Y GANADERAS Y DE LA PRODUCCIÓN AGRARIA,  así como el REGISTRO AUTONÓMICO DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS y el CUADERNO DIGITAL DE EXPLOTACIÓN AGRÍCOLA  e demais normativa derivada; e polo que a partir do 1 de xullo de 2023 comezará a introducirse paulatinamente a obrigatoriedad do emprego das ferramentas dixitais definidas

 

Como podo acceder?

Para o acceso ao sistema pode consultar os manuais dispoñibles neste mesma sección así como algunhas indicacións básicas no documento adxunto. Os titulares das explotacións poderán autorizar o acceso aos representantes que formalicen a través da mesma aplicación. Respecto dos desenvolvedores de cadernos de explotación comerciais, será preciso a súa alta seguindo os procedementos indicados pola Consellería do Medio Rural.  Para o acceso externo será necesario posúer un medio de acreditación dixital, como é un certificado dixital ou o sistema Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

 

Cal é o calendario de incorporación obrigatoria ao sistemas para distintas explotacións?

Próximamente o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten previsto publicar unha circular aclaratoria para definir con exactitude esta cuesión

 

Onde podo obter mais información sobre o sistema?

Nas vindeiras datas iranse publicando documentos, manuais e gravacións de sesión de demostración que permitan coñecer mellor o funcionamento do sistema

 

Teño que anotar no Caderno Dixital todas as operacións realizadas na explotación ?

Será necesario anotar no Caderno todas as prácticas agrarias cuxa normativa específica así o determine, por exemplo en materia de Produtos Fitosanitarios, Fertilización, así como outros aspectos da PAC ou normativa sectorial. O aproveitamento de determinados  eco rexímenes e axudas asociadas pode xerar a necesidade de achegar no caderno información adicional que permita xestionar correctamente ditas axudas.


Como podo transferir a información dos Cadernos de Campo comerciais ao Caderno de Explotación Dixital ?

A través dunha interface común de comunicación, de xeito que a información mínima contida nun CUE-comercial se poida descargar no Caderno de Explotación Dixital 

Máis información sobre os cadernos comerciais

Preguntas e respostas que xurdiron no Webinar do 23/05/2023

CONTACTOS

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Explotacións Agrarias. Consellería do Medio Rural

sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal


Xerencia de proxectos de Sector Primario. Área de Solucións Tecnolóxcias Sectoriais. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

xerenciasectorprimario.amtega@xunta.gal