Fitosanitarios

Compartir

 

Usos Agrarios

Xestión Integrada de Pragas

Estratexia de control que consiste basicamente na aplicación racional dunha combinación de medidas biolóxicas, biotecnolóxicas, químicas, culturais ou de mellora vexetal, de modo que a utilización de produtos fitosanitarios se limite ao mínimo necesario. Estas medidas de control débense combinar de forma intelixente co fin de manter os niveis de praga  por debaixo dos seus limiares económicos de danos.

Todas as explotacións agrícolas deberán aplicar os principios xerais da Xestión Integrada de Pragas (XIP) en vixencia dende o 1 de xaneiro de 2014. Considérase que xa cumplen este requisito as explotacións adheridas a sistemas de:

  • Agricultura ecolóxica
  • Produción integrada
  • Sistemas de produción certificada
  • ATRIAs

As explotacións que non estean integradas en sistemas ou agrupacións de produtores, deberán contar cun asesor inscrito no ROPO na sección de asesoramento. No caso das explotacións con "baixo risco" pola aplicación de fitosanitarios, o asesoramento profesional será voluntario, aínda que deberán acollerse ás medidas de XIP.

Na web do MAPA podemos consultar as guías de xestión integrada de pragas (XIP):


Rexistro de tratamentos

O Real Decreto 1311/2012 establece que os agricultores deben dispoñer dun rexistro dos tratamentos fitosanitarios incluído no caderno de explotación, no que se anotarán todos os tratamentos realizados con produtos fitosanitarios e que se debe manter actualizado.

Modelo de Caderno de Explotación

Obrigas dos agricultores en relación á manipulación e almacenamento de produtos fitosanitarios, envases e restos.
Manipulación e almacenamento dos produtos fitosanitarios, envases e restos

 

Eliminación de produtos fitosanitarios fóra de uso e remanentes dos mesmos.

Os produtos fitosanitarios xa adquiridos que non se empregan ou que non poden empregarse por distintas razóns (cambio de cultivo, cambio de tratamento, cambio da normativa, desaparición do problema que motivou a compra...) son residuos, na maioría perigosos, que deben xestionarse adecuadamente. O abandono destes produtos fitosanitarios ten un impacto directo moi importante nos chans, augas superficiais e subterráneas e como consecuencia xeran perda de biodiversidade e riscos para a saúde humana.

A obriga do agricultor é facer chegar estes produtos a un xestor autorizado para o seu tratamento. A continuación deixamos o enlace o buscador de xestores e transportistas do SIRGA (Sistema de Información de Residuos de Galicia).


http://sirga.xunta.gal/xestores

Na pantalla que sae a continuación prema en Busca avanzada e introduza calquera dos seguintes códigos LER:

  • 061301
  • 160303
  • 020108
  • 020109

 

Usos non agrarios

Normativa de aplicación

O uso de produtos fitosanitarios en calquera actividade distinta da produción primaria agrícola profesional ven regulada no capítulo XI do Real Decreto 1311/2012. 

Restricións xerais en ámbitos non agrarios.

En todos os espazos e áreas comprendidos nos ámbitos non agrarios quedan prohibidos, con carácter xeral para todas as clases de usuarios:
a)    Os tratamentos mediante aeronaves.
b)    Os tratamentos con produtos fitosanitarios preparados en po mediante técnicas de aplicación por empoamento con asistencia pneumática, salvo o caso de tratamentos confinados en invernadoiros, almacéns ou outros espazos estancos.
c)    A utilización de produtos fitosanitarios, baixo condicións distintas ás que se establecen Real Decreto 1311/2012, sen prexuízo das establecidas na autorización de cada produto fitosanitario.

Usos profesionais e non profesionais

A normativa diferencia entre usos profesionais e non profesionais,  os usos non profesionais correspóndense coa aplicación de produtos fitosanitarios cualificados como de uso non profesional. No caso destes produtos non é necesario ter carné de manipulador de produtos fitosanitarios nin para mercalos nin para aplicalos. A continuación achéganse dous documentos coas esixencias en cada ámbito.

Tratamentos fitosanitarios nas marxes das redes de servizo

Polo elevado impacto social que está tendo nos últimos tempos as aplicacións de produtos fitosanitarios nas marxes das redes de servizo, achegamos un documentos específico onde se recollen tódolos os aspectos do Real decreto 1311/2012 en relación a estas aplicacións.

Modelos de documentos

Por último tamén deixamos o enlace a dous modelos de documentos: