Boas prácticas agrarias

Compartir

O Código galego de boas prácticas agrarias recolle aqueles aspectos específicos das principais liñas de produción agrícola e gandeira que poderían dar orixe á contaminación por nitróxeno e propón unha serie de medidas e prácticas tendentes a reducilo ao mínimo. O cumprimento das medidas recollidas neste código é de carácter voluntario, pero dada a posíbel incidencia na normativa recollida na Lei de augas (Lei 29/85, do 2 de agosto) e no Regulamento do dominio público hidráulico (Real Decreto 844/96, do 11 de abril de 1986) recoméndase a súa posta en práctica.

A preocupación sobre o tema, e fundamentalmente sobre a contaminación por nitróxeno, levaron á CEE a publicar o Código de boas prácticas agrarias recollido na Directiva do Consello 91/676/CEE e transmitirlles a súa inquietude aos Estados membros. En consideración disto, en España se traduciu no Real decreto 261/96, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.