Etiquetaxe do Pasaporte Fitosanitario e do precintado de sementes e plantas de viveiro

Compartir

I. O Pasaporte Fitosanitario

Segundo o artigo 117 do Regulamento (UE) 2016/2031, relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais, publicado o 23 de novembro de 2016, o próximo 14 de decembro de 2019 entrará en vigor o novo formato de pasaporte fitosanitario exixido para o traslado de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos no territorio da Unión Europea.

Ata esa data se seguirán utilizando os pasaportes fitosanitarios en vigor nas expedicións de vexetais e material vexetal que se fagan e o modelo seguirá sendo válido ata o 14 de decembro de 2023.

A partir do 14 de decembro de 2019 os vexetais e produtos vexetais suxeitos a pasaporte deberán de expedirse co novo modelo de pasaporte. Os modelos autorizados son os definidos no Regulamento de Execución (UE) 2017/2313. 

Exemplos de modelos autorizados

O pasaporte fitosanitario debe ser facilmente visible e claramente lexible, e a información que figura nel debe ser imposible de modificar e permanente.

Os produtores de plantas e material vexetal poden utilizar os modelos C ou D, segundo o caso, que son os modelos combinados de pasaporte fitosanitario e a etiqueta de precintado.

Os operadores poderán solicitar a autorización para a emisión do novo pasaporte a través da sede electrónica utilizando o modelo MR433A.

Se ademais queren engadir novas especies deberán achegar o documento:

Autorización para expedir Pasaportes fitosanitarios.

Listado de plantas:

Códigos plantas

 

Exemplo de pasaporte

Exemplo de pasaporte

Para máis información poden consultar os seguintes documentos:

       

II. Etiquetaxe e precintado

(ENTRADA EN VIGOR 1 DE ABRIL DE 2020)

Etiquetaxe de materiais iniciais, de base ou certificados.
O organismo oficial responsable poderá autorizar ao provedor para elaborar e colocar a etiqueta baixo a súa supervisión.
2. Os materiais iniciais, de base ou certificados irán etiquetados individualmente, ou en feixes ou en envases segundo as seguintes normas:

  • Os materiais de multiplicación ou plantóns de froiteira que formen parte do mesmo lote poderán comercializarse cunha soa etiqueta se forman parte do mesma embalaxe, feixe ou envase, en todos os casos precintado.
  • Os  plantóns de froiteiro cun ou máis anos de antigüidade deberán etiquetarse individualmente. En tal caso, se os plantóns foron producidos directamente no chan a etiquetaxe deberá levar a cabo sobre o terreo, antes do arranque.

3. A etiqueta deberá conter como mínimo a información seguinte:

  • A indicación ‘‘Regulas e normas da UE’’;
  • O Estado Membro no que se coloca a etiqueta ou o seu código respectivo A indicación “ESPAÑA”;
  • O organismo oficial responsable ou o seu código respectivo; O escudo e a denominación da Comunidade Autónoma competente en certificación do material
  • O nome do provedor, ou o seu número de matrícula ou código expedido polo organismo oficial responsable; Código do produtor no Rexistro Nacional de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro establecido mediante o Real decreto 1891/2008.
  • Código do operador no  ROPCIV
  • número de referencia do envase ou feixe, ou o número de serie individual ou o número de semana ou o número de lote;
  • O nome botánico da especie;
  • A categoría (e, para os materiais de base, tamén o número de xeración).
  • A denominación da variedade, e no seu caso, o clon. No caso dos patróns que non pertenzan a unha variedade, o nome da especie ou o híbrido  interespecífico de que se trate. Para os  plantóns de froiteiro dita información facilitarase respecto a os patróns e os enxertos. Para as variedades cuxa solicitude de rexistro oficial ou dunha protección de obtención vexetal estea pendente, dita información debe indicar: ‘‘denominación proposta’’ e ‘‘solicitude pendente’’;
  • No seu caso, a indicación ‘‘variedade con descrición oficialmente recoñecida’’
  • A cantidade;
  • O país de produción e o seu código respectivo, se é distinto do Estado Membro da etiquetaxe;
  • O ano de emisión;
  • Se a etiqueta orixinal substituíuse por outra, o ano de emisión da etiqueta orixinal.

5. A etiqueta estará impresa de forma  indeleble, polo menos, na lingua oficial do Estado, de maneira que resulte facilmente visible e lexible.
6. A cor da etiqueta será o seguinte:

  • branca cunha raia violeta en diagonal para os materiais iniciais
  • branca para os materiais de base.
  • azul para os materiais certificados.

Documento de acompañamento dos materiais iniciais, de base ou certificados.

1. Cando se comercialicen materiais iniciais, de base ou certificados, o organismo oficial responsable ou o provedor autorizado elaborarán un documento de acompañamento que complementará á etiqueta.
2. O documento de acompañamento deberá cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
incluír toda a información contida na etiqueta, tal como figura na mesma;
redactarse, polo menos, na lingua española oficial do Estado;
entregarse polo menos por duplicado (provedor e destinatario)
acompañar aos materiais desde o establecemento do provedor ata o do destinatario;
incluír o nome e a dirección do destinatario;
incluír a data de emisión do documento;
incluír, no seu caso, información adicional pertinente relativa aos lotes de que se trate.
3. Se a información contida no documento de acompañamento non se corresponde coa información que figura na etiqueta, prevalecerá a información da etiqueta.

Documento do provedor para Etiquetaxe de materiais  CAC e estándar.

1. Os materiais de multiplicación e os  plantones de froiteiro destinados á produción  frutícola que poden clasificarse como materiais CAC (Conformitas Agraria  Communitatis) ou como materiais ESTÁNDAR comercializaranse acompañados cun documento preparado unha etiqueta elaborada polo provedor (en diante denominado ‘‘documento do provedor’’).conforme o disposto nos apartados 2, 3 e 4.
2. O material vexetal a que acompaña o documento do provedor debe quedar claramente identificado.
3. A etiqueta, o documento do provedor deberá conter, como mínimo, a información seguinte:

  • a indicación ‘‘Regulas e normas da UE’’;
  • o Estado Membro no que se elaborou o documento do provedor ou o seu código respectivo;
  • o organismo oficial responsable ou o seu código respectivo;
  • o nome do provedor ou o seu número de matrícula ou código expedido polo organismo oficial responsable;
  • código do produtor no Rexistro Nacional de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro establecido mediante o Real decreto 1891/2008, que inclúe o código do estado membro no que se elaborou o documento e o código da autoridade competente
  • a cantidade;
  • o número de serie individual, ou o número de semana, ou o número de lote;
  • o nome botánico e común da especie;
  • a indicación ‘‘material  CAC’’;
  • a denominación da variedade, e no seu caso, o clon. No caso dos patróns que non pertenzan a unha variedade, o nome da especie ou o híbrido  interespecífico de que se trate. Para os  plantones de froiteiro dita información facilitarase respecto a os patróns e os enxertos. Para as variedades cuxa solicitude de rexistro oficial ou dunha protección de obtención vexetal estea pendente, dita información debe indicar: "denominación proposta» e «solicitude pendente";
  • o país de produción e o seu código respectivo, se é distinto do Estado Membro no que se elaborou o documento do provedor;
  • a data de emisión do documento.

3. A etiqueta será de cor amarela
4. O documento do provedor A etiqueta estará  impresa de forma indeleble, polo menos, na lingua española oficial do Estado, de maneira que resulte facilmente visible e lexible.
5. O material estándar acompañarase dun documento do provedor de acordo cos apartados 2, 3 e 4, pero eliminarase a indicación "Regulas e normas da UE" e substituirase no apartado  g) a indicación "material  CAC" por "material estándar".

Exemplos

Documento do produtor para etiquetaxe de material forestal

O RD 289/2003 sobre produción e comercialización do material forestal de reprodución establece, no seu artigo 10, que os materiais de reprodución para comercializarse deberán ir acompañados dunha etiqueta e un documento del proveedor.

Exemplos

Modelo de Etiquetas de SEMENTES para Precintado/Certificación, NON suxeitas a emisión de pasaporte fitosanitario

Exemplos

Modelo de Etiquetas de SEMENTES e PLANTÓNS de HORTÍCOLAS, para Precintado/Certificación, que ademais estean suxeitas a emisión de pasaporte fitosanitario

Exemplos