Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

O obxectivo desta publicación é recompilar e difundir a información estatística agraria máis importante dos sectores agrogandeiro, alimentario e forestal do ano 2018.

Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.

Folleto informativo en galego, castelán e inglés do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a investigación para a obtención de piñeiros resistentes ao nematodo da madeira do piñeiro.

Este monográfico preséntanos un proxecto de innovación para promover a implantación dunha tecnoloxía na produción do viño: a aplicación dun lévedo autóctono para a diferenciación da calidade aromática do viño na DOP Ribeiro.

Este díptico resume os resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.

Recompilación e difusión dos datos estatísticos dos anos 2014 e 2015 máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.

Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.

Nesta publicación indícanse os estados fenolóxicos do ciclo vexetativo da vide máis sensibles ás enfermidades do mildio, o oídio, a podremia gris e o black rot ou podremia negra, as medidas preventivas e os factores ambientais que inflúen nas condicións de desenvolvemento destes fungos.

Información sanitaria sobre a peste porcina africana (PPA).

Cartel informativo de como se deben manexar os porcos nas granxas para evitar a peste procina africana.