Préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino

Compartir

Procedemento: MR553D

Recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións bovinas garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 , e con subsidiación dos tipos de xuro

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Obxecto:

Regular o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións bovinas garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con concesión da subsidiación dos tipos de xuro dos ditos préstamos (axudas de minimis) por parte da Consellería do Medio Rural. Só serán obxecto de financiamento, nos termos establecidos na orde, as garantías e tipos de xuro dos préstamos que as persoas interesadas formalicen coas entidades financeiras adheridas, mediante a sinatura do correspondente convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ao Instrumento financeiro de xestión centralizada, e que asinasen un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para instrumentar os préstamos indicados.

Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Finalidade:

Os préstamos destinaranse exclusivamente ao financiamento de activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas de traballadores, tributos, Seguridade social, alugamento, leasing, proveedores, acreedores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmovilizado ou activos financieiros, nin a cancelación anticipada de pasivos bancarios.

Beneficiarios:

Persoas físicas autónomas ou xurídicas titulares de explotacións bovinas da Comunidade Autónoma de Galicia con informe favorable de solvencia crediticia da sociedade Anónima Estatal de Caución agraria (SAECA).

Prazos:

  • Solicitude: 1 mes dende o día seguinte a publicación da orde no DOG
  • Formalización do préstamo: seis meses dende a data de emisión da resolución válida de recoñecemento do dereito a un préstamo garantido polo IFXC. De non formalizar o correspondente préstamo en prazo, caducará o recoñecemento do dereito.

Importe máximo do préstamo: 30.000 € por explotación (cas limitacións indicadas na orde)

Tipo de xuro: A Consellería de medio Rural subsidiará os tipos de xuro do préstamo, cun límite máximo de 2 puntos porcentuais, e sen que en ningún caso o tipo de xuro resultante do préstamo poida ser menos do 0%. Os xuros serán de tipo variable con revisión anual. O tipo de xuro preferente a que se formalizarán os préstamos será o resultado de sumar ao euribor a un ano, correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo, un diferencial de dous puntos, arredondado o resultado a tres decimais.

Prazos de amortización: Será tipo 1:3 anos sen carencia.

Sistema de amortización: mediante cotas anuais iguais, e os xuros, devindicados sobre os saldos de principal pendente, terán vencementos semestrais.

Entidades financieiras adscritas:

Links de interese: