Avaliación de Impacto Ambiental

Compartir

A avaliación de impacto ambiental constitúe unha ferramenta fundamental para a preservación dos recursos naturais e a defensa do medio ambiente ante actuacións públicas e privadas que se desenvolvan no territorio.

O proceso de avaliación, segundo a normativa ambiental vixente, inclúe a realización dun estudo de impacto ambiental (EIA) que se somete a información pública e  se consulta a diferentes organismos. Os resultados das consultas e alegacións, se é o caso, recóllense nunha Declaración de Impacto Ambiental que determina as condicións que deben establecerse para a protección do medio ambiente e os recursos naturais.