Organismos nocivos de corentena

Compartir

 

Flavescencia dourada da vide (Grapevine flavescence dorée phytoplasma)

Flavescencia dourada da vide (FD), é unha praga corentenaria da Unión Europea regulada polo Regulamento (UE) 2016/2031 e o Regulamento (UE) 2019/2072. É unha enfermidade asociada a un fitoplasma que provoca graves danos ao cultivo da vide (Vitis vinífera L.). O risco de introdución e propagación desta enfermidade en moitas partes da península Ibérica é alto, debido a que se detectou en diversas ocasións de forma localizada en Cataluña, desde o seu primeiro brote en 1996. 

O Scaphoideus titanus é o insecto vector desta praga e a súa presencia en Galicia está confirmada, polo que é necesario o seguimento e control deste cicadélido. 

FD tamén foi localizada en diversas ocasións en Portugal, particularmente en zonas próximas á fronteira con Galicia. Deste xeito, Portugal declarou unha zona demarcada de FD lindante con varios concellos fronteirizos de Galicia, polo que nesta zona establecuse no ano 2022 unha zona tampón de 2,5 km coa fronteira.

Como consecuencia das prospeccións realizadas na zona tampón indicada, detectouse a presencia de FD en algunhas plantas da zona demarcada polo que foi notificada a presencia desta praga na nosa comunidade autónoma ás autoridades sanitarias españolas e europeas.

A actual zona demarcada comprende os seguintes concellos:

Na provincia de Pontevedra:

  • As parcelas afectadas indicadas no plano dos concellos de Arbo, A Cañiza, Crecente, As Neves, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.

Na provincia de Ourense :

  • As parcelas afectadas indicadas no plano do concello de Padrenda. 

Flavescencia

As medidas a aplicar na zona demarcada están definidas na Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide, se establece a zona demarcada para esta praga e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Normativa

  • RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide, se establece a zona demarcada para esta praga e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia

Outra información

Trioza erytreae

O Psílido Africana dos Cítricos, Trioza erytreae, é unha praga regulada na Unión Europea (UE) pola Directiva 2000/29 e vector da bacteria que causa o Huanglongbing (HLB) ou enverdecemento (“greening”) dos cítricos. O HLB, á súa vez organismo regulado na UE, deteriora a calidade e sabor do froito podendo en poucos anos matar a árbore afectada. Por iso é de vital importancia impedir a aparición do insecto vector, e no caso de que apareza, determinar a súa distribución, actuar con rapidez e eficacia, e combatelo co fin de evitar a súa propagación e erradicalo.

O principal impacto é que este insecto é vector da forma africana da enfermidade denominada Huanglongbing, greening ou dragón amarelo dos cítricos, causada pola bacteria Candidatus Liberibacter africanus. Ata o momento, ningunha das árbores nas que se detectou o sílido estaba afectado por esta enfermidade.

Adicionalmente, Trioza erytreae provoca unha grave distorsión das follas, provoca atrofia e bugallas que aparecen espalladas con bólas fecais. As follas novas xeralmente presentan clorosis amarela.

Zonas demarcadas de Trioza erytreae (Psilido africano dos cítricos)

A Resolución do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias do 12 de novembro de 2021 actualiza a distribución de zonas demarcadas de Trioza erytreae en Galicia. Estas zonas pódense consultar no seguinte arquivo:

Vexetais de especies sensibles: Casimiroa La Llave, Choisya Kunth, Clausena Burm. f., Murraya J. Koenig ex L., Vepris Comm, Zanthoxylum L., Citrus L. (Laranxeira, Limoeiro, Mandarino), Fortunella Swingle (Kunquat), Poncirus Raf., y sus híbridos, excepto os froitos e sementes.

Requerimentos para a comercialización e traslado de cítricos nas zonas demarcadas de Trioza eritreae (Psilido africano dos cítricos).

A publicación do Real decreto 419/2020, que modifica o Real decreto 23/2016, de 22 de xaneiro, polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp. permite o movemento de cítricos nas zonas demarcadas de Trioza erytreae sempre que se cumpran as seguintes condicións establecidas aos operadores profesionais e contempladas na Resolución do 4 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias:

  1. Que os vexetais de especies sensibles procedan dunha zona libre de Trioza erytreae e foran colocados nun sitio con protección física completa contra a introdución de Trioza erytreae.
  2. Que os vexetais de especies sensibles foran cultivados nunha parcela de produción rexistrada e supervisada polas autoridades competentes, e onde os vexetais foron colocados nun sitio con protección física completa contra a introdución de Trioza erytreae, e na que, durante un período de polo menos un ano antes do traslado, foran realizadas dúas inspeccións oficiais ao seu debido tempo sen que se observasen signos de Trioza erytreae no devandito sitio nin nunha zona circundante dun radio mínimo de 200 m. Isto tamén afecta aos vexetais se manteñan polo menos 6 meses nas mesmas instalacións.(Ver exemplos de protección física no documento Sistemas de protección de cítricos para viveiros e para a comercialización). 
  3. A circulación destes vexetais, incluída a venda en mercados locais e feiras, deberá realizarse de maneira que o transporte, exposición ó público e a súa comercialización se leve a cabo en recipientes ou envases pechados, para garantir que a infestación polo organismo especificado non pode ocorrer. (Ver exemplos de recipientes ou envases pechados nas envolturas indicadas no documento Sistemas de protección de cítricos para viveiros e para a comercialización).
  4. O traslado de vexetais de especies sensibles dentro das zonas demarcadas acompañarase sempre dun pasaporte fitosanitario. 
  5. Na comercialización, estes vexetais irán acompañados dun folleto explicativo sobre os riscos da praga e sobre as restricións ao movemento das plantas, (Ver modelo de folleto explicativo). 
  6. Os viveiros, centros de xardinería ou calquera establecemento comercial, manterán polo menos durante tres anos o rexistro dos vexetais recibidos, dos vexetais de especies sensibles vendidos e dos destinatarios desas vendas, que no caso de operadores profesionais viran definidos polos seus datos ROPVEG, e no caso de non profesionais pola  data da venda, nome, parroquia e concello de plantación. 
  7. O Anexo II da Resolución do 4 de maio de 2020 establece os requisitos técnicos para a produción e comercialización de  cítricos e outras rutáceas en locais libres de Trioza erytreae dentro das zonas demarcadas.
  8. Antes de que circulen os lotes dos vexetais de especies sensibles serán sometidos aos correspondentes tratamentos fitosanitarios contra Trioza erytreae. (Ver cadro tratamentos trioza). 
     

Normativa

  • RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Real Decreto 491/2020, do 21 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Trioza  erytreae, e o programa nacional de prevención de  Diaphorina  citri e Candidatus Liberibacter spp.
  • Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas po la presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Real Decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae, e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.
  • RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia

Outra información

Bursaphelenchus xylophilus

Bursaphelenchus xylophilus, o nematodo da madeira do piñeiro (NMP), é un organismo nocivo de corentena que provoca graves danos nas especies do xénero Pinus sp. e outras coníferas. O seu ataque causa o decaemento súbito das árbores afectadas, producindo unha sintomatoloxía coñecida como “seca ou murcha dos piñeiros”. Provoca danos económicos e ecolóxicos derivados da morte do arborado, e importantes restricións ao comercio de madeira e material de embalaxe naqueles países onde o NMP está presente, o que implica un aumento dos custos de comercialización destes produtos.

O seu vector, o coleóptero cerambícido Monochamus spp., é o principal responsable da dispersión natural do nematodo, facilitando ademais a súa supervivencia debido á estreita asociación do ciclo biolóxico de ambos.

Normativa

  • Decisión de execución (UE) 2017/427 da Comisión de 8 de marzo de 2017 pola que se modifica a Decisión de execución 2012/535/UE no que respecta ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (o nematodo da madeira do Piñeiro)
  • Decisión 2012/535 da comisión do 26 de setembro de 2012 relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (o nematodo da madeira do piñeiro)
  • Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación.
  • Decisión 2015/226, da Comisión, do 11 de febreiro de 2015 que modifica a Decisión 2012/535/UE no que se refire á definición de madeira sensible e ás medidas que deben tomarse nas zonas demarcadas
  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza dun novo brote do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación
  • RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Stenier et Buher) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro) na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal
  • Resolución do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza de cinco novos positivos do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nemátodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.
  • RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan as medidas para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. ou nematodo da madeira do piñeiro.

Outra información

Epitrix spp

As pulguiñas do xénero Epitrix representan unha ameaza para a produción de pataca, xa que reducen considerablemente o valor comercial dos tubérculos. Os adultos aliméntanse das follas, provocando múltiples e diminutos orificios, mentres que as larvas aliméntanse do sistema radicular e causan danos nos tubérculos, producindo galerías superficiais sinuosas que se traducen nun dano estético, e que favorecen a entrada doutros patóxenos.

Os adultos aliméntanse das follas, nas que se observan diminutos buracos circulares, de 1 a 1.5 mm de diámetro. No bordo destes orificios pódense presentar pequenas cloroses, o que non adoita ter repercusión importante no rendemento do cultivo.

As larvas aliméntanse debaixo da epidermes do tubérculo e provocan longas galerías sinuosas de aspecto encortizado e pequenas verrugas superficiais. As galerías son superficiais e non afectan á carne do tubérculo, eliminándose facilmente co pelado. O dano é principalmente estético reducindo o valor comercial da pataca. Ademais, as feridas provocadas polas larvas poden ser vía de entrada para outros patóxenos.

Normativa

Outra información

Tecia solanivora

A Tecia solanivora pode atacar ás patacas tanto no campo como unha vez  recollidas, no almacén. Os adultos son nocturnos e voan distancias curtas. No campo, poñen os seus ovos no chan ou nos tubérculos ao descuberto. As larvas emerxentes entran nestes últimos e aliméntanse deles construíndo galerías que poden destruír completamente o tubérculo. En almacén poñen os ovos nos tubérculos podendo chegar a provocar danos moi importantes. A fase na que a pupa está activa  pode ter lugar no chan, nas paredes dos almacéns, nos sacos almacenados, etc.

Desenvólvese exclusivamente sobre tubérculos de pataca. A detección e identificación de síntomas de dano é similar á doutras couzas da pataca. As larvas forman galerías que conteñen residuos de comida e excrementos. O orificio de entrada pode permanecer oculto pero os buracos de saída circulares son visibles cando as larvas abandonan os tubérculos. Pódese producir descomposición secundaria debido ao ataque doutros organismos.

Normativa

  • RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • ORDE do 6 de xullo de 2021 pola que se establecen os modelos normalizados de declaración de existencia de pataca en almacén e declaración de cultivo de pataca ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e o control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento MR465B e MR465C)
  • RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que modifican as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e o control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca
  • RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen os prazos para a declaración de existencias e de superficie de pataca sementada en zona infestada e en zona tampón, segundo a Resolución do 23 de marzo de 2018 pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca
  • RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría,Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca
  • RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca.
  • RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny
  • Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Tecia solanivora (Povolny)
  • RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia
  • RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca
  • RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca.
  • RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, se establecen as zonas demarcadas para esta praga e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Outra información

Xylella fastidiosa

Xylella fastidiosa é unha bacteria que posúe un catálogo moi amplo de plantas hospedantes, e que produce graves danos en cultivos moi importantes no noso país como os cítricos, a vide, a oliveira e os froiteiros de óso, así como en numerosas especies ornamentais. Considérase que o risco de introdución no noso país é moi alto, debido á importación de material vexetal de moitas das especies hospedantes, procedentes de países nos que se detectou esta bacteria. Son frecuentes as infeccións latentes (non sintomáticas), o que dificulta a súa detección, e a erradicación unha vez detectada é moi difícil, polo que a mellor estratexia ante esta praga é a prevención. É un dos principais patóxenos de corentena da Unión Europea, polo que está incluída na Directiva 200/29/CE e xa se publicou tamén normativa específica para o seu control.

Os síntomas varían moito duns hospedantes a outros, pero en xeral son marchitez, decaemento xeneralizado da planta, secado de follas e ramas, e mesmo en estado avanzado, morte da planta. En ocasións, as plantas móstranse non sintomáticas á presenza da bacteria, o que dificulta a súa detección.

Normativa

  • Decisión de execución (UE) 2015/789 da Comisión, do 18 de maio de 2015 sobre medidas para evitar a introdución e propagación dentro da Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • Decisión de execución (UE) 2015/2417 da Comisión, do 17 de decembro de 2015 pola que se modifica a Decisión de Execución (UE) 2015/789 no que se refire ás medidas para previr a introdución e propagación dentro a Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • Orde APM/21/2017, do 20 de xaneiro, pola que se establecen medidas específicas de prevención en relación coa bacteria Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • REGLAMENTO de Ejecución (UE) 2020/1201 de la Comisión de 14 de agosto de 2020 sobre medidas para evitar la introducción y la propagación dentro de la Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.).
  • REGLAMENTO de Ejecución (UE) 2021/1688 de la Comisión de 20 de septiembre de 2021 por el que se modifica el Reglamento de Ejecución (UE) 2020/1201 en lo que respecta a las listas de vegetales hospedantes y vegetales especificados y a los análisis para la identificación de Xylella fastidiosa.
  • REGLAMENTO de Ejecución (UE) 2021/2130 de la Comisión de 2 de diciembre de 2021 por el que se modifica el Reglamento de Ejecución (UE) 2020/1201 en lo que respecta a las listas de plantas de las que se sabe que son sensibles a Xylella fastidiosa.

Outra información