Novidades

Compartir

A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma


A pegada de carbono. Afección do cambio climático no sector vitivinícola
A pegada de carbono. Afección do cambio climático no sector vitivinícola

Ao longo deste monográfico explícase cal é a orixe da necesidade de avaliar a pegada de carbono, as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático, e como repercuten na viticultura.

ANO: 2020
Nº PAX: 20 | DL: C 1523-2020
O viño Tostado
O viño Tostado

O monográfico nº 9 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado ao viño tostado, un viño doce elaborado tradicionalmente en Galicia con uvas parcialmente pasificadas a cuberto en condicións naturais, no cal, nos últimos anos, varias adegas da denominación de orixe Ribeiro apostaron pola súa recuperación e rexurdimento.

ANO: 2022
Nº PAX: 15 | C 94- 2022
A variedade Brancellao
A variedade Brancellao

O monográfico nº 10 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado á variedade Brancellao, unha vide tinta, de cultivo ancestral, prefiloxérica, e unha das variedades máis cultivadas, sobre todo no Ribeiro, Amandi, Quiroga, Lemos e Monterrei.

ANO: 2021
Nº PAX: 16 | DL: C 2066-2021
Flavescencia dourada da vide
Flavescencia dourada da vide

Tríptico informativo sobre a enfermidade da flavescencia dourada da vide.

ANO: 2022
Nº PAX: 3 | DL: C1607-2022
Agroexprés, nº 5
Agroexprés

n º 5
Neste número 5 da revista de divulgación do agro galego temos como novidade dúas temáticas: un artigo de viticultura sobre especies de fungos responsables da enfermidade do pé negro da vide, unha colaboración entre investigadores da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e da Universidade de La Rioja; e un artigo forestal sobre rendementos dun sistema de extracción de resina en piñeiros destinados á madeira, froito do traballo de investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán).

ANO: 2022
Nº PAX: 40
Agroexprés, n º 4
Agroexprés

n º 4
Este novo número de Agroexprés conta coa participación, ademais do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, doutros centros de relevancia dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega)), o cal permitirá achegar contidos en novas liñas de traballo.

ANO: 2022
Nº PAX: 40
Actualización de 2023 dos datos  do rendemento e calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2023

Actualización de 2023 dos datos do rendemento e calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia
 

ANO: 2023
Nº PAX: 2 DL: C 384-2023
 A colección de vides da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia
A colección de vides da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Descrición polo miúdo dos resultados obtidos no Programa de caracterización do banco de xermoplasma. Pretende ser a base de referencia das variedades de vide que estiveron e están presentes na tradición galega e que evolucionaron no tempo en resposta a cambios biolóxicos, ambientais e socioculturais.

ANO: 2011
Nº PAX: 388
Explotacións intensivas de gando porcino
Explotacións intensivas de gando porcino. Plan de produción e xestión de estercos. Normativa de aplicación

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

ANO: 2022
Nº PAX: 6 DL: C 1368-2022
Explotacións intensivas de avicultura
Explotacións intensivas de avicultura. Plan de produción e xestión de estercos. Normativa de aplicación

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

ANO: 2022
Nº PAX: 6 DL: C 1369-2022