Obxecto
O fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia mediante axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (código procedemento MR351A Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia).
Finalidade
a) Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a reestruturación e modernización delas, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.
b) Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.
Beneficiarios
a) As cooperativas agrarias.
b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
c) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais (SAT de fusión).
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: do 07/02/2020 ao 07/03/2020 (ambos incluídos).
Prazo de resolución: Dous meses