Planificación e ordenación forestal

Compartir

O exercicio dunha política, unha planificación, unha administración, unha ordenación e unha xestión forestal sustentable, desenvolveranse dunha maneira planificada, comprometida e consensuada, de forma que poida ser verificable. Resulta en concreto necesario:

  • Que sexa planificada. Unha política forestal sustentable para ser eficaz debe responder a unha estratexia e responder a un plan que defina un horizonte, deseñe unha traxectoria e estableza previsións, obxectivos, retos, prioridades e prazos.
  • Que sexa comprometida. Implica que se aplique por iniciativa dos gobernos a través das administracións públicas competentes e outras relacionadas ou implicadas, mediante os compromisos orzamentarios e financeiros adecuados, debidamente programados.
  • Que sexa consensuada, o que implica que resulte transparente, lexítima e obxectiva, non imposta senón froito do diálogo e a negociación entre os sectores e axentes económicos, ambientais e sociais implicados ou interesados. Isto supón procesos informativos e participativos que permitan alcanzar acordos.
  • Que sexa verificable significa que se dispoñan mecanismos fiables de control do desenvolvemento da planificación e execución da política forestal deseñada, mediante criterios e indicadores que sexan homologables e contrastables para que permitan a avaliación e seguimento dos progresos e resultados. Procurarase o coñecemento e a observación permanente do estado, dinámica, evolución e tendencias dos bosques e terras forestais, da súa ordenación, administración e xestión, así como de mecanismos de control de calidade do seu exercicio.
     

Unha adecuada planificación forestal a medio prazo na comunidade autónoma é o marco indicado para desenvolver o proceso de planificación e xestión a nivel monte e dos procesos voluntarios de certificación forestal.

Planificación estratéxica: Plan Forestal de Galicia (PFG).
Planificación táctica: Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF).
Planificación operativa: Instrumentos de ordenación ou de xestión forestal (IOXF).

A certificación da xestión forestal sustentable (XFS).