Organismos nocivos

Compartir

 

Típula (Tipula spp)

As típulas son dípteros pertencente á familia dos Tipúlidos, que ataca a pradeiras, pastos e céspedes. De adultos teñen aspecto semellante aos mosquitos, pero de maior tamaño, e so inofensivos para os humanos. 

As especies mais comúns son Tipula palidosa e T.oleracea.

Atópase presente en Galicia dende fai décadas, producindo ataques fortes cada 4-5 anos. 

Danos

Os danos son producidos pola alimentación das larvas nas raiciñas, bases dos tallos e partes verdes inferiores das plantas  (trevo, alfalfa, ray-grass e outras gramíneas). 

Nas gramíneas faltan partes das follas dende a punta ata a base. Nos trevos aparecen cortes redondeados que van acabando coa folla e incluso o peciolo. Aparecen rodais con vexetación mais débil que acaban por desaparecer. Os cultivos seguintes nunha parcela infectada poden verse danados sobre todo durante a xerminación. 

Os ataques son mais fortes con temperaturas suaves e humidade e varían en función do nivel de praga.

Métodos de control

Debe realizarse un seguimento das poboacións, pero resulta difícil ao estar enterradas. Por iso é importante estar atentos aos primeiros danos.

É moi importante dispoñer dun bo manexo nas pradeiras e realizar medidas culturais como evitar asolagamentos, levantar as pradeiras cando está a punto de desaparecer e deixar que seque o terreo, realizando labores cruzadas se é posible.

Priorizaranse métodos de control biolóxico como aves insectívoras e nematodos entomopatóxenos (Steinernema carpocapsae).

No caso de que se precise realizar control químico aplicaranse insecticidas nos momentos adecuados (fase larvaria ao anoitecer ou amencer cando están moi cerca da superficie).

Usaranse os produtos fitosanitarios autorizados Rexistro do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 
https://servicio.mapa.gob.es/regfiw

Non existen produtos autorizados para pradeiras. Existen materias activas e formulados autorizados para céspede.

Pódese consultar mais información sobre esta prega na folla divulgadora que está ao final deste texto.

Folla divulgadora Típula

Verme defoliador millo e gramíneas (Mythimna unipuncta)

Mythimna unipuncta é un lepidóptero pertencente á familia Noctuidae, que ataca a varias especies, sendo especialmente voraz para millo e gramíneas. Os danos son producidos pola alimentación das larvas na base das plantas. Nas pradeiras desaparecen as gramíneas e no millo poden eliminar toda a folla a excepción do nervio central. Son inofensivas para as persoas. 

Atópase presente en Galicia dende fai décadas, con danos importantes na década nos 90. Nos últimos anos non producira grandes danos ata este ano 2023. A praga no mes de outubro debería estar invernando pero debido ás temperaturas altas aínda se atopa presente con poboacións abundantes.

Ao non tratarse dunha praga de corentena a Administración non interven no seu control nin establece protocolo algún ao respecto, malia que si pode dar algunha pauta, asesorar  e informar aos interesados ou aos seus representantes (cooperativas etc.).

Dende a nosa Consellería podemos aconsellar ou informar da aplicación de produtos fitosanitarios en fincas, cultivos, etc para os agricultores, pero no caso de uso de produtos fitosanitarios en ámbitos distintos da produción agraria, como poden ser os espazos utilizados polo público en xeral, campos de deporte, espazos utilizados por grupos vulnerables, espazos de uso privado, redes de servizo (áreas non urbanas), comprendidos os ferrocarís e demáis redes viarias, conducións de augas, tendidos eléctricos de dominio público ou privado, etc,  deberán seguirse as indicación do capítulo XI do Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios.

Este apartado establece as restricións xerais para este tipo de tratamentos, ao que se refire ao persoal que pode realizar estes tratamentos e uso dos produtos fitosanitarios autorizados.

Existen excepcións aos requisitos xerais establecidos nesta norma cando se trate de pragas que sexa necesario o seu control por ser de interese social. Pero en todo caso será necesario que a empresa contratada para realizar os tratamentos solicite ao órgano competente da administración local a autorización para realizalo.

Para combater esta praga, poderán utilizarse os produtos fitosanitarios autorizados no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Non obstante, compre lembrar  que  deben priorizarse, sempre que sexa posible, métodos de control non químico (culturais, biolóxicos, etc), respectando así a Xestión Integrada de Pragas.

Tamén poden consultar os produtos fitosanitarios autorizados nos establecementos de venda destes produtos.

Para más información da praga e métodos de control para usos agrarios pode descargar a folla divulgadora que se atopa mais abaixo.

Folla divulgadora Mythimna unipuncta

Rhynchophorus ferrugineus

O picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, é actualmente un dos insectos máis daniños para as palmeiras no mundo, provocando polo xeral, a morte da palmeira.

Os danos orixinados por este insecto son os producidos polas larvas ao alimentarse no interior. Algúns dos síntomas poden observarse nas follas novas centrais pouco desenvolvidas, con parte dos folíolos comidos e aspecto decaído. As follas afectadas póñense dunha cor amarela, murchan e despréndense con facilidade. Mesmo pode observarse na base das follas galerías realizadas polas larvas ou presenza de pupas, individuos adultos e restos de fibra condensados.

Cando os danos afectan á xema apical da palmeira, único punto de crecemento da mesma, dá lugar á morte do exemplar. En infeccións avanzadas, prodúcese un desprendemento completo do penacho da palmeira.

Na actualidade, esta praga está moi estendida en Galicia e, aínda que non estea clasificada como Praga de corentena, é preciso o seu control para evitar a extensión dos danos que produce. No seguinte documento pódese consultar como actuar para o seu control.

Control do picudo vermello das palmeiras

Ragholetis completa ou mosca da nogueira

Rhagoletis completa ou mosca da nogueira, non se considera unha praga  cuarentenaria xa que non cumpre os requisitos que se especifican na sección 1 do Anexo I do Regulamento (UE) 2016/2031 respecto a a presenza de praga no territorio da Unión.
Aínda que esta praga é nativa de Norte América,  na década dos 90 xa fora detectada en Suíza e Italia, e actualmente atópase amplamente distribuída en Europa.
Rhagoletis completa é un díptero da familia Tephritidae, é dicir as denominadas moscas da froita. Nese senso existen especies semellantes como Rhagoletis cerasi, que é unha importante praga das cereixas en España ou Rhagoletis pomonella que si é considerada praga cuarentenaria prioritaria da UE.

Hospedantes:
Os principais  hospedantes de  R. completa son os froitos das especies do xénero  Juglans. En Norte América esta praga completa o seu ciclo de vida nos froitos das especies J. nigra, J. californica e J. hindsii e baixo certas condicións, os froitos do pexegeiro (Prunus  persica) tamén poden ser atacados, aínda que este feito é pouco frecuente.
Na rexión  EPPO viuse, que ata o de agora, os froitos de J. rexia (nogueira) son os únicos que se viron afectados  por esta praga.

Danos e síntomas:
Nos froitos infestados pódense distinguir as picadas causadas pola oviposición deste díptero. Os cales se distinguen porque xeralmente ao seu ao redor, pasados uns días, xérase unha certa decoloración.  
Esta praga ataca ao mesocarpio e en caso dunha  infestación severa o  pericarpio ou a noz mesma tamén poden verse afectados, o que provoca á súa vez, a caída do froito e a perda do seu valor comercial.
As larvas de R. completa aliméntanse dos tecidos da casca da noz e unha vez maduran, estas deixan que a froita infestada caia ao chan para así poder realizar a pupación.
A alimentación das larvas fai que a  cascara da noz escurézase do mesmo xeito que o froito.
Rhagoletis completa, non se considera unha praga de corentena por ningunha Organización Rexional de Protección Fitosanitaria.
As  infestaciones severas de R. completa nos campos de nogueira, poderían conlevar a unha diminución  importante da produción.

noznoznoz

Distribución:
Segundo o anteriormente mencionado, esta praga é nativa de Norte América. Segundo  EPPO, actualmente en Estados Unidos e en México.
En Europa,  R. completa atópase amplamente distribuída. Este  Díptero detectouse en Suíza, España (Cataluña e actualmente Galicia), Eslovenia, Eslovaquia, Polonia, Holanda, Italia, Hungría, Alemaña, Francia, República checa, Croacia, Bosnia e  Herzegovina, Bélxica e Austria

En España esta praga foi detectada por primeira vez en Cataluña no ano 2014 nunha plantación de nogueira en  Crespià, na provincia de Xirona. En 2019, esta praga volveu detectar noutras plantacións de nogueiras do mesmo municipio. Recentemente, adultos de  R. completa  foron detectados en Galicia  (A Coruña).

Medidas para o control e evitar a propagación da plaga:
Para unha rápida eliminación e na medida do posible,  na zona afectada,  poderíase realizar un tratamento químico cun produto autorizado de maneira inmediata.

 

Avelaiña do buxo, Couza do buxo ou Papabuxos. (Cydalima perspectalis)

Esta couza foi detectada por primeira vez en España no ano 2014 na zona sur de Pontevedra, aínda que nese momento xa había evidencias da súa presenza en Cantabria. É orixinaría das rexións subtropicais do leste de Asia e en Europa detectouse por primeira vez en Alemaña e Holanda no 2007.


Bioloxía

Os adultos soen iniciar a súa actividade a tardiña, teñen unha vida media de dúas semanas e poden poñer uns 200-480 ovos o longo da súa vida. A duración do ciclo dende o estado de ovo, larva e pupa está moi influenciado pola temperatura, variando dende 31 ata 69 días. En Galicia dependendo das condicións climáticas anuais detectáronse dende 2 xeracións nos anos 2014 e 2015 ata 5 no ano 2017. 

Síntomas e danos

Os danos son causados polas eirugas que son de cabeza negra e de cor amarela brillante ao principio tornando a unha cor máis escura con fondo verde. Escóndense na masa foliar, consumindo a folla ata a epidermes.
As plantas atacadas presentan aspecto seco e fortes defoliacións, si estas últimas son moi reiteradas chegan a matar a planta. 

Control

O control máis efectivo se realizase coa detección precoz da eiruga. É moi importante mollar toda a masa vexetal, incluso o interior do seto para alcanzar o maior número de eirugas posible, xa que as  materias activas autorizadas  funcionan por contacto ou inxestión.
Para o seu control é imprescindible realizar tratamentos con produtos fitosanitarios, existindo diferentes materias activas que son eficaces (ver cadro); é importante realizar unha aplicación cando aparecen os primeiros signos xeralmente a principios primavera, debendo mollar moi ben toda a masa vexetal, tamén o interior do sebe; con frecuencia haberá que facer máis dunha aplicación, pois o insecto presenta varias xeracións no ano (actualmente existen trampas de feromonas que permiten levar unha conta dos ciclos, a efectos de aplicar os tratamentos nos momentos máis axeitados). Deberán seguirse estritamente as instruccións das etiquetas. En sebes afectados é convinte facer un lavado a presión antes do tratamento fitosanitario. 

Materia activa Nome Comercial Usos
Bacillus Thuringiensis var. kurstaki 32% Delfin Usuarios non profesionais en calquera ámbito
Deltametrín 2,5%

Decis

Usuarios profesionais
Cipermetrín 10% Ralbi 10 Usuarios profesionais

Nota: este cadro sirve como referencia para orientar e contén algúns dos produtos máis fáciles de atopar, pero debido ao estado de cambio do Rexistro de Fitosanitarios, deberá comprobarse no momento da compra a autorización e aptitude de uso.

Pseudomonas syringae pv. actinidae

Pseudomonas syringae pv. actinidiae (PSA) é a bacteria causante da enfermidade do chancro bacteriano do kiwi. Está presente nos principais países produtores de kiwi, e considérase actualmente o principal factor limitante para o cultivo, pola súa rápida dispersión e pola agresividade. En España, PSA detectouse por primeira vez en Galicia no ano 2011. 

PSA está clasificada como unha praga regulada non corentenaria (PRNC), para vexetais Actinidia Lindl destinado á plantación, incluída no anexo IV, parte M do Regulamento 2019/2072 (engadida polo Regulamento 2021/2285)

Por outra banda, o anexo V, parte K do Regulamento 2019/2072 (engadida polo  Regulamento 2021/2285) establece as medidas para previr a presenza de PSA nos materiais de multiplicación de froiteiras e os plantóns de froiteiras destinados á produción frutícola de Actinidia Lindl., distintos das sementes. Estas medidas poderán ser realizadas pola autoridade competente ou polo operador profesional suxeito á supervisión da autoridade competente.

No caso de Galicia, serán os operadores profesionais, coa supervisión oficial do Servizo de Explotacións Agrarias de cada provincia, os que efectúen os controis e tomen as medidas para garantir que se cumpren cos requisitos establecidos na normativa e que se poden descargar mais abaixo.

Normativa

  1. Regulamento de Execución (UE) 2019/2072 da Comisión, do 28 de novembro de 2019, polo que se establecen condicións uniformes para a execución do Regulamento (UE) 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello.
  2. Regulamento de Execución (UE) 2021/2285 da Comisión, do 14 de decembro de 2021 polo que se modifica o Regulamento de Execución (UE) 2019/2072 polo que respecta á lista de pragas, prohibicións e requisitos para a introdución e o traslado na Unión de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos.

Outros

Diabrotica virgifera

Diabrotica Virgifera Virgifera LeConte é unha das pragas máis daniñas do millo no mundo. Converteuse nunha praga importante nos EEUU onde, ademais de atoparse no millo e cucurbitáceas, observouse a súa presencia nos campos de soia e de alfalfa e en varias especies de malas herbas. 

A Diabrótica é un coleóptero da familia dos crisomélidos. O insecto ten unha única xeración ao ano. A femia pon os ovos cara á metade ou final do verán no chan, lugar onde pasan estes o inverno. Na primavera, cando as sementes do millo están xerminando ou ben cando a planta está nos primeiros estadios de desenvolvemento, os ovos eclosionan e as larvas son atraídas polos compostos volátiles emitidos polas raíces do millo, das que as larvas se alimentan. O alimento preferido dos adultos é o pole, aínda que tamén poden alimentarse das follas ou das sedas das inflorescencias

As raíces atacadas deterióranse por acción directa das larvas e polo desenvolvemento de patóxenos secundarios como fungos. Se o ataque ás raíces é severo, a recolección pode verse afectada debido á dificultade de recoller as espigas ou mazorcas que quedan preto do chan. Ademais, a alimentación do adulto pode incidir na polinización e reducir a produción de gran. 

No mes de xullo e agosto de 2021 as comunidades autónomas de Cataluña e Aragón notificaron a súa presenza en campos de millo de gran.

Polo tanto é importante o seguimento da presencia desta praga, así como a súa prevención. Para isto, unas das técnicas máis eficaces para previr ou reducir o impacto de Diabrótica é a rotación de cultivos.

Para máis información pode descargar este díptico: Diabrotica virgifera