Trazabilidade forestal FORTRA

Compartir

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), está a desenvolver un proxecto dixital chamado FORTRA (Trazabilidade Forestal).

POR QUE?

  • Ante a superdemanda de produtos de madeira e baseados en madeira.
  • No incentivo de políticas de proximidade (“Quilómetro 0”). Mobilización de recursos endóxenos.
  • No fomento de políticas de descarbonización (pegada de carbono “negativa” e deforestación “0”).
  • No cumprimento de políticas de legalidade (EUTR) da madeira (transparenza e credibilidade).

OBXECTIVO DA FERRAMENTA
O obxectivo da ferramenta dixital enmárcase nunha estratexia de valorización dos produtos galegos baseados en madeira, a través dunha FERRAMENTA DE MERCADO, de carácter comercial (MARKETING), que informe a clientes e consumidores das características que diferenzen a un PRODUTO FINAL e lle sitúen nunha posición vantaxosa nos mercados nacionais e internacionais (aumento da COMPETITIVIDADE).

COMO SE ACADA O OBXECTIVO?
Mediante a creación dun sistema de trazabilidade de orixe, transparente (uso tecnoloxía  Blockchain ), avalado pola Administración forestal de Galicia, que se presente como produto en proximidade (Qm "0"), cunha pegada de carbono negativa, libre de deforestación, baixo parámetros de xestión forestal sustentable (modelos de xestión forestal sustentable) e certificado (PEFC/FSC), de selo caso.

PODO USALO?
A ferramenta desenvolta está sendo transferida á cadea Monte Industria de Galicia, e o seu uso será GRATUÍTO e VOLUNTARIO, rexistrando o proceso de transformación nunha cadea blockchain.
Como resultado do rexistro de datos, acádase una dirección URL do produto que se pode insertar en forma de código QR, de xeito que calquera cliente ou consumidor poida consultar a información (adaptado a dispositivos móbiles).
Por exemplo, escanea estes códigos:

Ou accede directamente a estas url:

QUE TEÑO QUE FACER PARA USALO?
Actualmente xa se dispón dunha versión da ferramenta:
Descargar este software na súa versión para Microsoft Windows:

Se tes algunha dúbida, remite un correo a este enderezo electrónico:
forestal.mediorural@xunta.gal
En vindeiras datas, logo dos axustes solicitados por operadores da madeira que accederon a actuar como “testers” da ferramenta, poderase dispor da versión de uso completa.
Se queres ter máis información da ferramenta fai click aquí